DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 26 de setembro de 2023 Páx. 54307

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Denominación do convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica na Cova Eirós (Triacastela).

25.000,00 €

3.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

5.000,00 €

3.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

4.000,00 €

8.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio.

Sen custo

8.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Gadisa Retail, S.L.U. en materia de normalización lingüística.

Sen custo

8.5.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da USC nos arquivos, bibliotecas e museos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Sen custo

9.5.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UDC nos arquivos, bibliotecas e museos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Sen custo

9.5.2023

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo (actualmente consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades) e a Universidade Nacional de Educación a Distancia para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UNED nos arquivos e museos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Sen custo

9.5.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Xesús Bal y Gay para a realización do X festival Bal y Gay.

30.000,00 €

11.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Libreiros de Galicia para a realización das feiras do libro de Galicia no ano 2023 e de actividades de formación e dixitalización.

150.000,00 €

16.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Sober para a realización de traballos de posta en valor do Horreum Romano de Proendos (Sober, Lugo).

20.000,00 €

19.5.2023

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (actual Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades) e a Universidade de Santiago de Compostela, para a impartición por parte desta entidade da formación pedagóxica e didáctica para impartir docencia nas ensinanzas de Formación Profesional.

Sen custo

19.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Pantón para a realización de traballos de posta en valor do Xacemento do Preguntoiro (Pantón, Lugo).

20.000,00 €

25.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XXI edición do premio de poesía Afundación

7.000,00 €

25.5.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Ribeira para a implantación do ciclo formativo de formación profesional básica de cociña e restauración nas instalacións do Mercado Municipal.

Sen custo

26.5.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo (actual Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades) e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas polo alumnado das facultades de Historia e de Belas Artes da Universidade de Vigo en centros dependentes ou xestionados pola Consellería de Cultura e Turismo.

Sen custo

29.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer-Aspace para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade aos CEEPR Amencer-Aspace e ao CEEPR Princesa Letizia.

161.243,08 €

31.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) da provincia da Coruña (Aspanaes) para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade aos CEEPR Aspanaes A Coruña, Aspanaes Duques de Lugo, Aspanaes Ferrol e Aspanaes As Pontes.

355.907,44 €

31.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Autismo de Ourense para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Ilustre Mestre.

33.261,08 €

31.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2023.

Sen custo

31.5.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Aceesca, Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Aceesca.

191.314,40 €

1.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Autismo Bata para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Bata-Os Mecos.

14.095,82 €

1.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise-dano cerebral e ás súas familias para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade aos CEEPR Amicos.

148.904,12 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e ASCM Ferrolterra, S.L. para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade a centros educativos radicados na provincia da Coruña.

69.592,66 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (Aspace) para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Aspace.

113.982,30 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Nuestra Señora de Lourdes.

86.189,38 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e I-LAB Centro Especial de Empleo, S.L. para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade aos centros educativos radicados na provincia da Coruña.

97.398,04 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación San Xerome Emiliani para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR San Xerome Emiliani radicado na provincia de Pontevedra.

95.799,60 €

2.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Aspanaex.

45.329,48 €

5.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos La Esperanza de Val Miñor para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Juan María.

68.068,98 €

5.6.2023

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello do Porriño para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional das familias profesionais de edificación e obra civil e Industrias extractivas.

Sen custo

5.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Muíños para realizar unha escavación arqueolóxica da Mámoa 1 de Veiga de Maus de Salas e restaurar e poñer en valor o foxo do lobo de Requiás (Muíños, Ourense).

40.000,00 €

5.6.2023

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para a realización de actividades de promoción do libro e a lectura no ano 2023.

15.000,00 €

5.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo, para a exploración das potencialidades da análise de datos na adecuación de actividades de aprendizaxe virtual para a mellora do éxito académico.

22.000,00 €

5.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Salvaterra do Miño para a realización de traballos de escavación no xacemento Os Castros (Salvaterra do Miño, Pontevedra).

20.000,00 €

5.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Fernando Blanco de Lema para a colaboración nos gastos da xestión do Museo Fernando Blanco.

12.000,00 €

5.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Hogar y Clínica San Rafael de Vigo para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR HC San Rafael de Vigo radicado na provincia de Pontevedra.

54.533,86 €

6.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade aos CEEPR Nuestra Señora de Chamorro na provincia da Coruña.

22.924,62 €

6.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para a recuperación cultural-ambiental na contorna do Pazo de Trasalba.

80.000,00 €

8.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Menela para posibilitar o desprazamento de alumnado con discapacidade ao CEEPR Menela radicado na provincia de Pontevedra.

96.314,02 €

9.6.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Sociedade Mercantil Estatal de Acción Cultural, S.A. para a organización da exposición Picasso branco no recordo azul, enmarcada na Celebración Picasso 1973-2023.

Sen custo

9.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz para a realización dunha actuación arqueolóxica para a recuperación patrimonial do Castro da Cibdá de Armea (Allariz, Ourense). Campaña 2023.

30.000,00 €

14.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2023.

Sen custo

14.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Deputación Provincial de Lugo para a realización do Premio Otero Pedrayo 2023.

8.000,00 €

14.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Sargadelos para a colaboración nos gastos de funcionamento do Museo Sargadelos-Carlos Maside.

20.000,00 €

15.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afins Amencer-Aspace, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade en 3 centros educativos radicados na provincia de Pontevedra.

31.271,04 €

16.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación pro Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (Aspronaga) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

28.195,20 €

16.6.2023

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e mantemento da fundación.

15.000,00 €

16.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

3.588,40 €

19.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Persoas con Trastorno de Espectro Autista (TEA) da provincia da Coruña (Aspanaes) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade en 4 centros educativos radicados na provincia da Coruña.

73.300,40 €

19.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e HC San Rafael de Vigo, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

6.151,68 €

19.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Aceesca, Asociación de Apoio a Persoas con Diversidade Intelectual, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

17.942,40

20.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Benéfica y Social de Padres y Amigos la Esperanza de Val Miñor para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

17.942,40 €

20.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral (ASPACE) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

18.455,04 €

20.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Amigos da Ópera de Vigo para a realización de actividades culturais.

25.000,00 €

20.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

20.6.2023

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Fundación María José Jove e a Fundación INGADA para a difusión e fomento, entre o profesorado dos centros educativos de Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Formación Profesional, dun programa de formación para o tratamento do alumnado con Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade.

Sen custo

20.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Menela, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

21.530,88 €

21.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Amicos, Asociación para a Atención e Integración de Persoas con Discapacidade Intelectual, Autismo, Parálise-Dano Cerebral e as súas Familias, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia da Coruña.

15.379,20 €

23.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e Asociación Autismo Ourense, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Ourense.

5.126,40 €

23.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación San Xerome Emiliani, para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

8.714,88 €

23.6.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación en favor das persoas con discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex) para posibilitar o uso do servizo de comedor escolar do alumnado con discapacidade nun centro educativo radicado na provincia de Pontevedra.

9.227,52 €

23.6.2023

Convenio de colaboración entre la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de la Xunta de Galicia y la Région Académique de Bourgogne-Franche Comté para la puesta en marcha de un protocolo de actuación en materia educativa para el fomento de las lenguas y culturas respectivas.

Sen custo

23.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello do Porriño para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para as obras de restauración do Templete de San Luis no Porriño (Pontevedra).

Sen custo

26.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Cultural Évame-Oroza para a realización de actividades culturais.

53.000,00 €

27.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Leiro para o acondicionamento da Capela de San Pedro.

22.650,00 €

29.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Repsol en materia de normalización lingüística.

Sen custo

30.6.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Manuel Moldes para a posta en marcha da Fundación e a Exposición Inaugural de obras do artista Manuel Moldes.

40.000,00 €

30.6.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Universidade do Estado do Río de Janeiro (Brasil) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

12.000,00 €

3.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia (España) e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

4.000,00 €

3.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Universität Zürich (Suíza) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

3.000,00 €

3.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) para completar as axudas ao persoal investigador principal dos programas Grants do Consello Europeo de Investigación (ERC).

325.000,00 €

5.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dunha actuación arqueolóxica no Dolmen de Pedra Cuberta (Vimianzo, A Coruña).

35.000,00 €

5.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Fundación Catedral de Santiago de Compostela e o Consorcio Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (Citmaga) para o desenvolvemento de modelos computacionais para o estudo e predición da circulación de aire no interior da Catedral de Santiago de Compostela.

Sen custo

5.7.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Deputación Provincial de Pontevedra en relación coa prestación do servizo de comedor escolar ao centro de educación especial Pontevedra, en Pontevedra.

23.923,20 €

6.7.2023

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e a Fundación MOP-The MOP Foundation para a colaboración educativa nas ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño.

Sen custo

6.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Cangas para a xestión do servizo de comedor escolar en catro centros educativos do concello.

105.732,00 €

7.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Lugo para a xestión do servizo de comedor escolar en nove centros educativos do concello.

148.220,60 €

7.7.2023

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Paideia Galiza para a colaboración educativa nas ensinanzas profesionais de música e de danza, e superiores de música.

Sen custo

7.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Mugardos para a xestión do servizo de comedor escolar en dous centros educativos do concello.

64.222,40 €

10.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Sarria para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

42.292,80 €

10.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Oroso para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

32.125,50 €

10.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Betanzos para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

125.276,40 €

11.7.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais.

18.000,00 €

12.7.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización de prácticas do máster universitario en formación do profesorado de ensino secundaria obrigatorio e bachalerato, formación profesional e ensino de idiomas.

Sen custo

12.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Manzaneda para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

18.496,50 €

13.7.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Sargadelos para a realización de obras no Museo Sargadelos-Carlos Maside.

111.857,62 €

13.7.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Rogelio Groba para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación.

10.000,00 €

13.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Muíños para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

22.517,00 €

17.7.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Artesáns e Comerciantes de Ourives de Compostela para a implantación dun sistema de ensinanzas artísticas superiores de Deseño de Produto con carácter dual polo réxime de bolsas e de contrato para a formación en alternancia.

Sen custo

17.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Barreiros para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

24.475,00 €

18.7.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia para a implantación dun sistema de ensinanzas artísticas superiores de Deseño de Produto con carácter dual polo réxime de bolsas e de contrato para a formación en alternancia.

Sen custo

18.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil para a posta en marcha do Observatorio da Literatura Infantil e Xuvenil Iberoamericana –OLIXI–.

45.000,00 €

21.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación UNICEF-Comité Español a través de UNICEF Comité Autonómico de Galicia para a promoción e difusión dos dereitos da infancia nos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sen custo

21.7.2023

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia e a comisión de intercambio cultural, educativo e científico entre España e os Estados Unidos de América (Comisión Fulbright) para a incorporación de auxiliares de conversa Fulbright para o curso 2023/24.

486.660,00 €

26.7.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Sada para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

54.824,00 €

28.7.2023

Convenio para o funcionamento e a reserva de prazas para alumnado no centro neuro-psicopedaxóxico O Pelouro, durante o curso 2023/24.

362.559,92 €

31.7.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia (España) e a Eötvös Loránd Tudományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

4.000,00 €

31.7.2023

Convenio coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol para restauración Igrexa Concatedral de San Xiao e Igrexa de Nosa Señora das Dores en Ferrol.

788.624,55 €

10.8.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para subvencionar o funcionamento do Centro Rafael Puga Ramón durante o curso 2023/24.

490.096,50 €

11.8.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial da Coruña, para subvencionar o funcionamento do Centro de Formación Profesional Rosalía Mera durante o curso escolar 2023/24.

106.925,61 €

11.8.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Meaño para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

46.992,00 €

11.8.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Mondoñedo para o acondicionamento do xardín da Casa Museo Álvaro Cunqueiro.

48.393,20 €

11.8.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Vilalba para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

21.903,75 €

17.8.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio.

Sen custo

18.8.2023

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade da Xunta de Galicia (España) e a FundaÇão Universidade Estadual de Ceará (Brasil) para a docencia, a investigación e máis a promoción da lingua, literatura e a cultura galegas.

3.000,00 €

23.8.2023

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) para o XVI Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia.

12.000,00 €

29.8.2023

Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e a Universidade da Coruña (UDC) para impulsar acción no campus industrial de Ferrol (CIF) como campus de especialización acreditado do Sistema universitario de Galicia (SUG).

229.600,00 €

30.8.2023

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actuacións dentro do Plan cuadrienal 2021/2024 de Memoria Democrática en Galicia 2023.

102.511,04 €

30.8.2023