DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54286

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sada

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle e do proxecto de compensación da unidade de execución (U.E.-2), zona Párroco Villanueva (actual APT-UEI-8).

Conforme se deriva da dilixencia realizada no estudo de detalle, o Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria do 15 de xullo de 1997, aprobou definitivamente o estudo de detalle e o proxecto de compensación da unidade de execución (U.E.-2), zona Párroco Villanueva, na parroquia de Sada (documento de novembro de 1996), promovido pola Xunta de Compensación a cal o aprobou na reunión do 16 de xaneiro de 1997, e, inicialmente, pola Resolución da Alcaldía do 12 de marzo de 1997.

O documento aprobado poderase consultar na seguinte ligazón:

https://sede.sada.gal/etc/L01150755/2022U031000001/UEI8.zip

Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Sada, 5 de setembro de 2023

Óscar Benito Portela Fernández
Alcalde