DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54216

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023 pola que se nomea persoal funcionario de carreira da escala de xestión, subgrupo A2.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 26 de novembro de 2021 (DOG do 10 de decembro), para o ingreso na escala de xestión, subgrupo A2, da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de acceso libre (4 prazas), e comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta efectuada polo tribunal cualificador e nomear persoal funcionario de carreira da escala de xestión, subgrupo A2, da USC as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo que se relacionan no anexo desta resolución, e adxudicarlles os destinos os figuran no mesmo anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas ás cales se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común e das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de xestión da USC

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Destino

Código

Denominación e unidade de adscrición
do posto

Subgrupo

Nivel

Quenda

Campus

Observacións

1

***5289**

Vázquez Salgado, Lucía

Provisional

PF000267

Técnico superior de Administración, especialidade xurídica/Técnico de xestión, especialidade xurídica. Xerencia

A1/A2

21

Mañá

Compostela

Licenciatura/Grao en Dereito. A1, nivel 23

2

***0724**

García Angulo, Minia

Provisional

PF000088

Xefatura Subdivisión Matrícula. Unidade de Xestión Académica Campus Sur

A1/A2/C1

22

Mañá

Compostela

A1, nivel 23

3

***0195**

Ventosa Fernández, M. Gloria

Provisional

PF000089

Xefatura Subdivisión Asuntos Varios. Unidade de Xestión Académica Campus Sur

A1/A2/C1

22

Mañá

Compostela

A1, nivel 23

4

***9902**

Valiño Lemos, Ramón

Provisional

PF000084

Xefatura Subdivisión Asuntos Varios. Unidade de Xestión Académica Campus Norte

A1/A2/C1

22

Mañá

Compostela

A1, nivel 23