DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Luns, 25 de setembro de 2023 Páx. 54228

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC, nos concellos de Vigo e Redondela, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2022/435-4).

A instalación denominada reforma da LMT TRO718 e substitución do CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 20 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 29 de setembro de 2023, a partir das 12.30 horas, no concello de Vigo, e o día 24 de outubro de 2023, a partir das 12.00 horas, no concello de Redondela, terán lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e nos taboleiros de edictos dos concellos de Vigo e Redondela.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, na cal se lles comunicará a data e a hora en que se deberán presentar nos seus predios, informándolles de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, neste caso, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 4 de setembro de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Reforma da LMT TRO718 e subst. CTI Parada-Teis 36AC73 por CTC

Referencia catastral

Lugar

Titular

Nº apoio

m2 solo

ml sub.

m2 subsolo

Concello

Data e hora

2

54057A009001910000AW

Pugariño

José Manuel e Juan Carlos Álvarez Iglesias

2

3,24

3,94

10,52

Vigo

29.9.2023

12.30 h

4

36045A053008260000WM

Parada

María Tizón Paz

CT

16,81

3

17,97

Redondela

24.10.2023

12.00 h