DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 53994

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023 pola que se convoca o proceso selectivo para a provisión de seis prazas vacantes na relación de postos de traballo de persoal de administración e servizos funcionario.

De conformidade co establecido:

1. Na Resolución do 16 de setembro de 2020 (DOG núm. 194, do 24 de setembro), pola que se publica a oferta de emprego público de prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2020.

2. Na Resolución do 19 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro), pola que se publicou a oferta de emprego público das prazas de persoal de administración e servizos para o ano 2022.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias outorgada pola Resolución do 14 de xaneiro de 2020 pola que se establece a estrutura orgánica dos servizos centrais da Universidade da Coruña e as competencias dos seus órganos directivos.

RESOLVE:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso na escala técnica da Universidade da Coruña, mediante quenda libre, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Normas xerais.

1.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir as prazas da escala, subescala e subgrupo que se indican a continuación, e que corresponden ás seguintes ofertas de emprego público:

Escala

Subescala

Subgrupo

Oferta de emprego público

2020

2022

Escala técnica superior

Equipos informáticos e electrónicos

A1

1

Escala técnica de especialistas

Medios audiovisuais (mestre de taller)

C1

1

1(**)

Informática

C1

1

1(**)

Escala técnica auxiliar

Mantementos (especialista de oficios)

C2

1(*)

* Na oferta de emprego público do ano 2020 figuran dúas prazas para a subescala de mantementos (especialista de oficios), non obstante, unha desas prazas xa foi convocada a través da Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG núm. 243, do 23 de decembro).

** Por motivos de eficiencia administrativa e de xestión inclúense nesta convocatoria as prazas da oferta de emprego público de 2022 coincidentes en escala, subescala e subgrupo coas correspondentes á oferta de emprego público de 2020.

O sistema selectivo será o concurso-oposición.

1.2. Ao presente proceso selectivo seralle de aplicación o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, os estatutos vixentes da Universidade da Coruña e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Para seren admitidas no proceso selectivo, as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

• Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder da idade máxima da xubilación forzosa.

• Nacionalidade:

1. Ter nacionalidade española.

2. Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

3. Ser nacional dalgún Estado, en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras nos termos en que esta está definida no Tratado constitutivo da Comunidade Europea.

4. Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, o/a cónxuxe dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. En iguais condicións poderán participar os seus descendentes e os/as do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación nos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España.

• Titulación: estar en posesión ou en condicións de obter a titulación exixida para o subgrupo correspondente, de acordo co establecido na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, na data de finalización de presentación de solicitudes.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

• Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desenvolvemento das correspondentes funcións e tarefas.

• Habilitación: non ter sido separado/a, nin despedido/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desenvolvemento de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de orixe, o acceso ao emprego público nos termos anteriores

• Non poderá participar no proceso selectivo o PAS funcionario de carreira que xa pertenza á escala obxecto desta convocatoria a que opta.

• Acreditar, de ser o caso, o coñecemento do castelán de acordo co establecido na base 7ª desta convocatoria.

2.2. Acreditación de lingua galega.

2.2.1. As persoas aspirantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega co certificado de competencia en lingua galega Celga 4 (no caso de subgrupo A1 e C1) ou Celga 3 (no caso do subgrupo C2) ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

2.2.2. As persoas que non poidan acreditar o coñecemento do galego de acordo co establecido no parágrafo anterior poderán ser admitidas e deberán realizar unha proba eliminatoria. A proba terá lugar no día e na hora que se determine por resolución da Xerencia, que se publicará na sede da UDC. Consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 (para o subgrupo A1 e C1) ou Celga 3 (para o subgrupo C2), de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización desta proba será de 60 minutos.

3. Solicitudes.

3.1. As persoas que desexaren tomar parte neste proceso selectivo deberán:

– Solicitalo no impreso segundo modelo que figura como anexo VIII desta convocatoria (que estará dispoñible na páxina web do Servizo de Persoal de Administración e Servizos).

– Deberán indicar na súa solicitude, no punto 19 «idioma en que desexa realizar as probas», se o texto do exercicio deberá entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción.

– As persoas aspirantes que sexan membros de familias numerosas deberán indicalo na solicitude na epígrafe correspondente.

– Deberán indicar na epígrafe correspondente da solicitude se figuran como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean percibindo prestación ou subsidio por desemprego na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo.

– As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente no punto 16 da solicitude e especificarán o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente.

– As persoas aspirantes vítimas de terrorismo deberán indicalo expresamente na epígrafe «outros» da solicitude.

– As persoas aspirantes que padezan algunha discapacidade poderán solicitar, se for o caso, expresándoo no recadro 18 do modelo de solicitude, as posibles adaptacións de tempos e de medios que consideren necesarias para a realización dos exercicios da fase de oposición. A Universidade da Coruña poderá requirirlle ao/á interesado/a a información que considere necesaria relativa á adaptación solicitada, así como o ditame do órgano competente sobre a procedencia ou non da adaptación e da compatibilidade co desenvolvemento das funcións do posto concreto que vaia ocupar para a realización das probas en que esta adaptación sexa necesaria.

As solicitudes deberán presentarse acompañadas de:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade; os/as aspirantes que non posúan nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo do/da nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar unha declaración xurada ou promesa de non estar separado/a de dereito do/da seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o/a aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.

b) Os/as aspirantes estranxeiros/as que estean exentos/as da realización da proba de idioma establecida na base 7ª, xuntarán, para este efecto, fotocopia compulsada do diploma superior de español como lingua estranxeira (nivel B2) do certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas EOI, do título de licenciatura, ou grao equivalente en Filoloxía Hispánica ou Románica ou doutros títulos homologados ou certificación. De non achegar esta certificación, non poderán ser declarados/as exentos/as, polo que deberán realizar a proba a que se refiren estas bases.

c) Certificación acreditativa dos servizos prestados noutras administracións públicas españolas referida á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Esta certificación será expedida por quen teña atribuídas as competencias en materia de persoal na Administración correspondente. Se os servizos foron ou son prestados na UDC deberá indicarse na epígrafe correspondente da solicitude e, deste xeito, a certificación expedirase de oficio pola UDC e engadirase á solicitude do/da aspirante.

d) Fotocopia da titulación académica requirida.

e) Celga 4 (para o subgrupo A1 e C1) ou Celga 3 (para o subgrupo C2) ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia. De non achegar a certificación non poderán ser declarados/as exentos/as, polo que deberán realizar a proba a que se refiren estas bases.

f) A persoa solicitante deberá achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia auténtica, dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento, segundo o suposto en que se atopen:

– Persoas con discapacidade: tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade vixente expedido pola consellería competente na materia ou o órgano análogo doutra comunidade autónoma.

– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

– Demandantes de emprego:

a) Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

b) Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está percibindo a prestación ou o subsidio de desemprego.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas de pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste punto, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos a consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, e os fillos das persoas feridas ou falecidas.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

g) As persoas aspirantes deberán xustificar o pagamento co documento bancario acreditativo de que se aboou a taxa de inscrición que ascende a:

44,17 euros para o subgrupo A1.

33,13 euros para o subgrupo C1.

26,99 euros para o subgrupo C2.

Que ingresarán no Banco Santander na conta IBAN ES76 0049-5030-15-2516011262.

En ningún caso a presentación e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.

Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non presenten o documento referido, ou non aboen a taxa de inscrición e non presenten o xustificante de bonificación ou exención dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes. Non se concederá ningún prazo adicional para o aboamento da taxa de inscrición.

Unicamente procederá a devolución da taxa de inscrición ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas e que así o soliciten no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos. Para iso, será necesaria a presentación dun escrito onde solicite a devolución, no cal faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira, e a súa localidade, ou ben presente un certificado expedido pola entidade financeira en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Persoal de Administración e Servizos. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra do prazo suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

3.2. As solicitudes dirixiranse ao xerente da Universidade da Coruña no prazo de 20 días hábiles que contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus da Zapateira, A Coruña, e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3.3. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar na súas solicitudes e poden unicamente demandar a súa modificación mediante un escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.2 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e apreciada polo tribunal.

4. Relación de persoas admitidas e excluídas.

4.1. Unha vez que remate o prazo de presentación de solicitudes, no prazo máximo de vinte días hábiles, o xerente da universidade ditará resolución e declarará aprobadas as relacións provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que se publicarán na sede electrónica da Universidade da Coruña, con mención expresa do nome, apelidos e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade e, se for o caso, as causas de exclusión, coa indicación, ademais, de se está exento/a ou non da realización da proba de coñecementos de lingua galega.

As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez días hábiles, que contará a partir da publicación da referida resolución, para corrixiren o defecto que motivase a exclusión. Unha vez transcorrido o devandito prazo, o xerente ditará a resolución en que se declarará aprobada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, que será publicada na sede electrónica da Universidade da Coruña.

4.2. O feito de figuraren na relación de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión dos requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 10 desta convocatoria. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán de todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

4.3. Recurso contra a lista definitiva.

Contra a resolución de exclusión, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación e segundo o establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ante o órgano competente e segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

5. Tribunal cualificador.

5.1. A composición do/dos tribunal/tribunais cualificador/es de cada unha destas probas será publicada na sede electrónica da Universidade da Coruña cunha antelación de, polo menos, un mes respecto da data de inicio dos exercicios.

5.2. Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir e notificaranllo ao xerente da Universidade, cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou participasen en tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas dentro dos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a poderá solicitar dos membros do tribunal declaración expresa de non se encontraren incursos nas circunstancias previstas nos ditos artigos.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorresen as circunstancias citadas segundo o previsto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

Con anterioridade ao comezo do proceso selectivo, a autoridade convocante publicará, na sede electrónica, resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que deban substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas anteriormente.

5.3. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia do/da presidente/a e do/da secretario/a ou, de ser o caso, daqueles/as que os/as substitúan, e como mínimo da metade dos seus membros. Nesta sesión, o tribunal acordará todas as decisións que correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. Para os efectos de realización de sesións, deliberacións e adopción de acordos, requirirase a asistencia dos membros do tribunal especificados no punto anterior.

5.5. O tribunal resolverá todas as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas e determinará as actuacións convenientes nos casos non previstos, axustándose a actuación do tribunal ao disposto na Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público.

5.6. O tribunal poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que considere pertinentes, e estes limitaranse a prestar colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores/as faraa o xerente da Universidade da Coruña, por proposta do tribunal, e seralles de aplicación o previsto na base 5.2.

5.7. Os membros do tribunal cualificador deberán pertencer a un corpo, escala ou categoría profesional para o ingreso no cal se requira unha titulación de nivel igual ou superior ao exixido para participar no proceso selectivo.

5.8. O tribunal cualificador adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario, de forma que as persoas aspirantes con algunha discapacidade gocen de similares condicións para realizar os exercicios que o resto das persoas aspirantes. Para as persoas con discapacidade que o soliciten na forma prevista na base 3, estableceranse as adaptacións posibles en tempo e medios.

5.9. O Tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir a confidencialidade do contido dos exercicios antes da súa realización por todos os/as opositores/as e para que os exercicios da fase de oposición, que sexan escritos e non deban ser lidos ante o tribunal, sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos aspirantes.

O tribunal excluirá aqueles/as opositores/as que consignen nas follas de exame marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.10. Contra as resolucións do tribunal e os seus actos de trámite, se estes últimos deciden directa ou indirectamente no fondo do asunto, determinan a imposibilidade de continuar o procedemento, producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, cabe recurso de alzada ante o reitor nos prazos e formas que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.11. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da Universidade da Coruña, rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña, e disporá dunha conta de correo electrónico que se dará a coñecer aos/ás aspirantes a partir da constitución do tribunal.

5.12. O tribunal terá a categoría que lle corresponda segundo o Decreto 144/2008, do 26 de xuño, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de indemnizacións por razóns de servizos ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

5.13. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de aspirantes ao das prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

6. Sistema selectivo.

6.1. O procedemento de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición, coa valoración de méritos, exercicios e puntuacións que se especifican no anexo I para as prazas de subgrupo A1, no anexo II para as prazas do subgrupo C1, e no anexo III para as prazas do subgrupo C2.

6.2. O temario das probas da fase de oposición é o que figura como anexo IV, V, VI e VII, segundo a subescala correspondente.

7. Aspirantes de nacionalidade estranxeira.

Con carácter previo á realización dos exercicios da fase da oposición, os aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán acreditar o coñecemento do castelán por algún dos seguintes medios:

a) Fotocopia compulsada do diploma superior de español como lingua estranxeira (nivel B2) do certificado de aptitude ou nivel avanzado de español expedido polas EOI, do título de licenciatura, ou grao equivalente en Filoloxía Hispánica ou Románica ou doutros títulos homologados ou certificación.

b) A realización dunha proba, en que se comprobará que posúen un nivel axeitado de comprensión e de expresión oral e escrita nesta lingua.

O contido desta proba axustarase ao disposto no Real decreto 1137/2002, do 31 de outubro, polo que se regulan os diplomas de español como lingua estranxeira (DELE), para acreditar o nivel de competencia lingüística do idioma español correspondente ao nivel intermedio. A proba cualificarase de apto/a ou non apto/a; é necesario obter a valoración de apto/a para pasar a realizar os exercicios da fase de oposición. Quedan exentos de realizar esta proba os/as aspirantes que acrediten, mediante unha fotocopia compulsada, estaren en posesión do diploma español como lingua estranxeira (nivel B2) e as persoas estranxeiras nacionais de países cuxo idioma oficial sexa o español. De non achegaren esta documentación non poderán ser declaradas exentas e deberán, en consecuencia, realizar a proba descrita.

8. Desenvolvemento das probas.

8.1. O lugar e a data do primeiro exercicio da fase de oposición farase público na resolución da Xerencia que aprobe a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas. O primeiro dos exercicios non terá lugar antes de seis meses desde a publicación desta convocatoria.

8.2. A orde de actuación dos/das opositores/as iniciarase alfabeticamente por aqueles/as cuxo primeiro apelido empece pola letra «S», de conformidade coa resolución da Consellería de Facenda do 30 de xaneiro de 2020, pola que se fai público o resultado do sorteo ao cal se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

8.3. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditaren a súa identidade.

8.4. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio nun único chamamento e serán excluídas da oposición aquelas que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e libremente considerados polo tribunal.

8.5. A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos exercicios será efectuada polo tribunal na sede electrónica e por calquera outro medio que se xulgue conveniente para facilitar a súa máxima divulgación, con 48 horas de antelación, polo menos, á data sinalada para o seu inicio.

8.6. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tiver coñecemento de que algunha das persoas aspirantes carece dos requisitos exixidos pola presente convocatoria, logo da audiencia do/da interesado/da, deberá proporlle a súa exclusión ao xerente da Universidade da Coruña e comunicarlle tamén as inexactitudes e falsidades formuladas polo/a aspirante na solicitude para os efectos procedentes.

8.7. Contra a resolución de exclusión, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o reitor da Universidade da Coruña, ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de 2 meses, ante o órgano competente, conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

8.8. Se algunha das persoas aspirantes non puidese completar o proceso selectivo a causa de embarazo de risco ou parto, debidamente acreditado, a súa situación quedará condicionada á finalización deste e á superación das fases que fosen aprazadas, e estas non se poderán demorar de maneira que menoscabe o dereito do resto dos aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo Tribunal e, en todo caso, a realización destas terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

9. Relación de persoas aprobadas.

9.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador publicará, na sede electrónica da Universidade da Coruña, a relación provisional de cualificacións das persoas aspirantes, así como, se for o caso, a de cada unha das probas que compoñen o proceso.

Os/as aspirantes disporán de 5 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación das puntuacións provisionais de cada exercicio, para presentar reclamacións. En caso de non presentarse reclamación, o acordo provisional converterase automaticamente en definitivo.

9.2. Unha vez finalizada a fase de oposición, o tribunal abrirá un prazo para a presentación dos méritos por cada un dos/das aspirantes que superase esta fase, e poderase publicar simultaneamente á do resultado do último exercicio da fase de oposición.

As persoas aspirantes que aleguen méritos na fase de concurso deberanos acreditar mediante a presentación dos documentos xustificativos orixinais ou das copias compulsadas. Os servizos prestados na Universidade da Coruña acreditaranse mediante unha certificación expedida pola Xerencia da Universidade referida á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non serán computables os méritos referidos a una data posterior á de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación no proceso selectivo.

Contra o acordo de valoración dos méritos poderán presentarse reclamacións no prazo de 5 días hábiles que serán resoltas polo tribunal mediante acordo definitivo. No caso de non presentarse reclamacións, o acordo provisional converterase automaticamente en definitivo.

9.3. A cualificación final do proceso selectivo será a suma das puntuacións que se obteñan na fase de oposición e na fase de concurso. Os puntos que se obteñan nesta última, en ningún caso, poderán sumarse para os efectos de superar a fase de oposición. En caso de empate, a orde establecerase atendendo á maior puntuación obtida nos exercicios e pola seguinte orde: último exercicio do proceso selectivo e se persistise atenderase á maior puntuación no penúltimo exercicio, e se persistise atenderase á maior puntuación na fase de concurso. No caso de que continuase persistindo o empate, dirimirase por sorteo público en presenza dos/das opositores/as empatados/as.

O tribunal publicará na sede electrónica da Universidade da Coruña a relación definitiva de persoas aprobadas que en ningún caso poderá conter un número de persoas candidatas superior ao das prazas convocadas, en que constará o nome e a puntuación das persoas aspirantes que, ao acadaren a puntuación mínima exixida para superar os exercicios da fase de oposición, obtiveron a maior puntuación final calculada de acordo co sistema previsto no anexo correspondente desta convocatoria. As persoas opositoras que non estiveren incluídas nas respectivas relacións terán a consideración de non apto/a para todos os efectos, único aspecto acerca do que o tribunal poderá certificar.

9.4. Contra o acordo sinalado no punto anterior, así como contra os acordos definitivos do tribunal que impidan continuar co procedemento, poderase interpoñer recurso de alzada ante o reitor nos prazos e formas que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

9.5. O tribunal remitiralle ao xerente a relación definitiva das persoas aspirantes aprobadas pola orde da puntuación final, coa proposta de que se lles formalice o correspondente nomeamento. No caso de que algunha das persoas desa relación renunciase ou non cumprise con algún dos requisitos, requirirase do tribunal unha nova relación en que figure a persoa que substitúe a quen non é posible nomear.

10. Presentación de documentos e nomeamento.

10.1. No prazo de 20 días hábiles a partir do día seguinte a aquel en que se publique a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas, estas deberán presentar no Servizo de Persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña (rúa da Maestranza, 9) a documentación acreditativa dos requisitos exixidos na convocatoria e os seguintes documentos:

a) Fotocopia do DNI, pasaporte, NIE ou documento equivalente para os cidadáns da Unión Europea en vigor.

b) Fotocopia compulsada do título exixido para acceder ás probas.

c) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública nin estar inhabilitado/a para o exercicio de funcións públicas. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española deberán presentar declaración ou promesa de non estaren sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que inhabilite no seu Estado o acceso á función pública.

d) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibilite para o servizo.

e) Os aspirantes que fixesen valer a súa condición de persoas con discapacidade deberán presentar certificación dos órganos competentes do Ministerio de Traballo e Seguridade Social que acredite tal condición, e igualmente deberán presentar certificado dos citados órganos ou da Administración sanitaria acreditativo da compatibilidade co desenvolvemento das tarefas e funcións correspondentes.

10.2. As persoas que tivesen a condición de funcionarios públicos da Universidade da Coruña estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

10.3. As persoas que, dentro do prazo fixado, e salvo casos de forza maior, non presentasen a documentación, ou do exame desta, se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2ª, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira da escala técnica da Universidade da Coruña e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

10.4. Mediante a resolución da autoridade convocante, e por proposta do tribunal cualificador, procederase ao nomeamento de funcionarios/as de carreira da escala técnica da Universidade da Coruña mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

10.5. A petición de destinos por parte dos/das aspirantes aprobados/as deberá realizarse no prazo de 5 días hábiles, tras a oferta destes por parte da Xerencia.

10.6. A toma de posesión efectuarase no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento de funcionario/a de carreira.

11. Listas de agarda.

Constituiranse listas de agarda, ao abeiro do disposto na Resolución da Xerencia que estea vixente para regular o procedemento de elaboración e xestión destas para a cobertura provisoria de postos de traballo do persoal de Administración e Servizos da Universidade da Coruña. As persoas interesadas deberán cubrir o anexo IX que figura nesta resolución.

12. Protección e tratamento de datos de carácter persoal.

De acordo co disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos indicados na solicitude pasarán a formar parte do ficheiro de persoal, que ten por finalidade a xestión do persoal da Universidade da Coruña. O ficheiro está baixo a responsabilidade da Secretaría Xeral. Coa súa participación neste proceso selectivo as persoas interesadas autorizan a Universidade da Coruña para que publique os seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así derive da natureza deste procedemento de concorrencia competitiva. Así mesmo, poderán exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, en cumprimento do que establece a LOPD, ante a Secretaría Xeral da Universidade da Coruña.

De acordo co disposto nos artigos 13 e 14 do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos), as persoas participantes no proceso selectivo son informadas de que o responsable do tratamento dos seus datos persoais é a Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de que estes datos se tratarán para as finalidades deste proceso selectivo, se conservarán durante a tramitación do proceso selectivo e os prazos para interpor recurso en vía administrativa ou xudicial, as persoas participantes poden solicitar o acceso, rectificación ou supresión, poden presentar unha reclamación perante unha autoridade de control e, no caso de que se proxectase un tratamento para outra finalidade, avisarase a persoa participante e facilitaráselle a información adicional necesaria.

13. Norma derradeira.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpor un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 14 de setembro de 2023

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 14.1.2020)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO I

Procedemento de selección subgrupo A1

Fase de oposición: 70 puntos.

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, dado que é a súa área profesional. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 25 puntos.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de carácter teórico-práctico constituído por 125 preguntas (máis cinco de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta, e das cales o 30 % corresponderán ao temario xeral e o 70 % ao temario específico que figuran como anexo IV desta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación, cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 120 minutos. A puntuación será de 0 a 25 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 12,5.

Terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 35 puntos.

Consistirá na realización de 2 supostos prácticos que se elixirán entre 4 propostos polo tribunal, do bloque específico. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 240 minutos. A puntuación será de 0 a 35 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 8,75 puntos en cada un dos supostos.

Cuarto exercicio, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. 10 puntos.

Consistirá na presentación e na defensa pública dun proxecto, previamente elaborado, elixido polo aspirante relacionado co bloque específico. O dito proxecto terá que ser presentado dentro do prazo de 10 días hábiles seguintes ao da data da publicación das notas do terceiro exercicio. Cualificarase de 0 a 10 puntos. Terá carácter selectivo e non eliminatorio. O tempo máximo de exposición será de 45 minutos.

Fase de concurso: 30 puntos.

Experiencia:

Ata un máximo de 20 puntos.

Por servizos prestados na Universidade da Coruña como funcionario de carreira ou interino da escala técnica superior (subescala equipos informáticos e electrónicos) ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo I en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,24 puntos por mes.

Por servizos prestados noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino do subgrupo A1 ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo I en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,08 puntos por mes.

Formación:

A formación valorarase ata un máximo de 10 puntos.

Os cursos alegados terán como data límite para a súa finalización o día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Cursos de formación xeral e específica ata un máximo de 8 puntos:

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe valoraranse os cursos, convocados, impartidos e/ou recibidos, ou homologados por:

– Institutos ou escolas de Administración pública.

– Universidades.

– Servizos públicos de emprego.

– Organizacións sindicais.

– Mutuas de traballo e servizos de prevención.

– Impartidos no marco do Acordo de formación dos empregados públicos.

Que versen sobre formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo e os cursos de formación de idiomas da Unión Europea.

Os cursos impartidos sempre se valorarán como se fosen de aproveitamento ou aptitude. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Cursos recibidos de aptitude e cursos impartidos: 0,04 puntos/hora.

– Cursos de asistencia: 0,02 puntos/hora.

Cando no certificado non conste o número de horas, considerarase que a duración do curso é de 10 horas.

Cursos de lingua galega ata un máximo de 2 puntos:

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1 punto.

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 1,5 puntos.

– Celga 5: 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetise a súa participación, e unicamente o de nivel superior ou avanzado.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

ANEXO II

Procedemento de selección subgrupo C1

Fase de oposición: 70 puntos.

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 4 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, dado que é a súa área profesional. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 40 puntos.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de carácter teórico-práctico constituído por 100 preguntas (máis cinco de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta, e das cales o 30 % corresponderán ao temario xeral e o 70 % ao temario específico que figuran como anexo V (medios audiovisuais) ou VI (informática) desta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación, cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 120 minutos. A puntuación será de 0 a 40 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 20.

Terceiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 30 puntos.

Consistirá na resolución de dous supostos prácticos, que se elixirán de entre cinco propostos polo tribunal. A cualificación do exercicio será de 0 a 30 puntos e é necesario obter 15 puntos para superalo. O temario para este exercicio é o que consta no bloque II. A duración deste exercicio será de 150 minutos.

Fase de concurso: 30 puntos.

Experiencia:

Ata un máximo de 20 puntos.

Por servizos prestados na Universidade da Coruña como funcionario interino da escala técnica de especialistas (medios audiovisuais ou informática, segundo corresponda) ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo III en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,24 puntos por mes.

Por servizos prestados noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino do subgrupo C1 ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo III en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,08 puntos por mes.

Formación:

A formación valorarase ata un máximo de 10 puntos.

Os cursos alegados terán como data límite para a súa finalización o día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Cursos de formación xeral e específica ata un máximo 8 puntos:

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe valoraranse os cursos, convocados, impartidos e/ou recibidos, ou homologados por:

– Institutos ou escolas de Administración pública.

– Universidades.

– Servizos públicos de emprego.

– Organizacións sindicais.

– Mutuas de traballo e servizos de prevención.

– Impartidos no marco do Acordo de formación dos empregados públicos.

Que versen sobre formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo e os cursos de formación de idiomas da Unión Europea.

Os cursos impartidos sempre se valorarán como se fosen de aproveitamento ou aptitude. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Cursos recibidos de aptitude e cursos impartidos: 0,04 puntos/hora.

– Cursos de asistencia: 0,02 puntos/hora.

Cando no certificado non conste o número de horas, considerarase que a duración do curso é de 10 horas.

Cursos de lingua galega ata un máximo de 2 puntos:

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1 punto.

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 1,5 puntos.

– Celga 5: 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetise a súa participación, e unicamente o de nivel superior ou avanzado.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

ANEXO III

Procedemento de selección subgrupo C2

Fase de oposición: 70 puntos.

Primeiro exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio, para aqueles/as candidatos/as que non acrediten posuír, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes o Celga 3 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais, acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, e consistirá na realización dunha proba en que se comprobará que posúen o nivel de Celga 3 de comprensión e expresión oral e escrita da lingua galega, en especial da linguaxe administrativa, dado que é a súa área profesional. Cualificarase de apto ou non apto. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 60 minutos.

Segundo exercicio, de carácter obrigatorio e eliminatorio. 70 puntos.

Consistirá en contestar un cuestionario tipo test de carácter teórico-práctico constituído por 100 preguntas (máis cinco de reserva, que só se corrixirán no caso de anulación dalgunha pregunta), con catro respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta, e das cales o 30 % corresponderán ao temario xeral e o 70 % ao temario específico que figuran como anexo VII a esta convocatoria. Todas as preguntas terán a mesma puntuación, cada resposta errónea descontará o 25 % do valor da resposta correcta. O tempo máximo de realización deste exercicio será de 120 minutos. A puntuación será de 0 a 70 puntos e para aprobar será necesario obter un mínimo de 35.

Fase de concurso: 30 puntos.

Experiencia:

Ata un máximo de 20 puntos.

Por servizos prestados na Universidade da Coruña como funcionario de carreira ou interino da escala técnica auxiliar (subescala mantementos) ou como persoal laboral fixo ou temporal do grupo IV en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,24 puntos por mes.

Por servizos prestados noutras administracións públicas como funcionario de carreira ou interino do subgrupo C2 ou de agrupacións profesionais ou como persoal laboral fixo ou temporal dos grupos IV e V en postos de funcións idénticas ou análogas á categoría convocada, ata o fin do prazo de presentación de solicitudes, 0,08 puntos por mes.

Formación:

A formación valorarase ata un máximo de 10 puntos.

Os cursos alegados terán como data límite para a súa finalización o día de remate do prazo de presentación de solicitudes.

Cursos de formación xeral e específica ata un máximo 8 puntos:

A valoración da formación farase atendendo aos seguintes criterios:

Nesta subepígrafe valoraranse os cursos, convocados, impartidos e/ou recibidos, ou homologados por:

– Institutos ou escolas de Administración pública.

– Universidades.

– Servizos públicos de emprego.

– Organizacións sindicais.

– Mutuas de traballo e servizos de prevención.

– Impartidos no marco do Acordo de formación dos empregados públicos.

Que versen sobre formación administrativa xeral, así como os cursos de formación e de perfeccionamento que versen sobre materias directamente relacionadas coas funcións propias dos postos de traballo e os cursos de formación de idiomas da Unión Europea.

Os cursos impartidos sempre se valorarán como se fosen de aproveitamento ou aptitude. A valoración dos cursos farase de acordo cos seguintes criterios:

– Cursos recibidos de aptitude e cursos impartidos: 0,04 puntos/hora.

– Cursos de asistencia: 0,02 puntos/hora.

Cando no certificado non conste o número de horas, considerarase que a duración do curso é de 10 horas.

Cursos de lingua galega ata un máximo de 2 puntos:

– Celga 4: 0,5 puntos.

– Curso de linguaxe administrativa nivel medio: 1 punto.

– Curso de linguaxe administrativa nivel superior: 1,5 puntos.

– Celga 5: 2 puntos.

En todos os casos valoraranse unha soa vez os cursos relativos a unha mesma materia, aínda que se repetise a súa participación, e unicamente o de nivel superior ou avanzado.

Non se valorará:

– A asistencia a congresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.

– As materias (créditos) que formen parte dunha titulación académica.

– Os cursos de doutoramento.

– Os módulos ou partes integrantes dun curso.

– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de funcionarios.

ANEXO IV

Temario subescala equipos informáticos e electrónicos (A1)

Nota: debe entenderse que este temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que puideren producirse ata a data de fin de presentación de solicitudes.

Bloque I: temario xeral.

1. A Constitución española de 1978. Título preliminar. Título I. Título III: Capítulo II. Título IV.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia. Título preliminar. Título I. Título II. Título III.

3. A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. Título preliminar. Títulos I ao X.

4. Estatutos da Universidade da Coruña.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I e títulos do III ao IX.

6. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Artigos 2, 4, 14, 15, 29.

7. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Título I. Título II. Título III. Título IX.

8. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades, do persoal ao servizo das administracións públicas.

9. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Título preliminar. Título I. Título II. Título III. Título IV. Título V.

10. Lei 40/2015, do 1 outubro, de réxime xurídico do sector público. Título preliminar: capítulo I, capítulo II (excepto a subsección 2ª da sección 3ª), capítulo III, capítulo IV (só a sección 2ª) e capítulo V. Título III: capítulo I e capítulo II.

11. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Título preliminar. Título II: capítulos I, II, IV e V. Título IV: capítulos I e II.

12. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

13. O Plan de normalización lingüística da UDC. Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña.

14. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do sistema universitario de Galicia. Títulos I e II.

15. Tratado da Unión Europea. Título III.

16. Tratado de funcionamento da Unión Europea. Sexta parte: Título I (disposicións institucionais): capítulo II: sección 1ª (actos xurídicos da Unión).

17. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Artigo 156: concepto de accidente de traballo e artigo 157: concepto de enfermidade profesional.

18. Información preventiva en materia de pantallas de visualización de datos.

Bloque II: temario específico.

19. Real decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade.

20. Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual, regularizando, aclarando e harmonizando as disposicións legais vixentes sobre a materia. A protección xurídica dos programas de ordenador. Tipos de licenzas. Software libre e de código aberto (FOSS/FLOSS). Creative Commons.

21. Modelo entidade-relación. Modelo relacional. Normalización. Sistemas xestores de bases de datos. Bases de datos NoSQL. Monitores transaccionais. Linguaxe de consulta estruturada (SQL). Linguaxe de definición de datos (DDL). Linguaxe de manipulación de datos (DML) e DCL. Datawarehouse. Data Marts. Arquitectura. Análise multidimensional e arquitecturas OLAP. ROLAP/MOLAP/HOLAP. Minaría de datos. Xeración de informes á dirección.

22. Modelo de capas: servidores de aplicacións, servidores de datos, granxas de servidores. Arquitectura de aplicacións nas plataformas JEE e .NET. Arquitectura SOA. Servizos web. Tecnoloxías XML.

23. Enxeñaría do software. Proceso software, modelos de proceso software. Ciclos de vida. Modelos de ciclo de vida. Fases do ciclo de vida. Modelos de desenvolvemento. Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas de información. Métrica 3. Metodoloxías áxiles.

24. Enxeñaría de requisitos. Verificación. Validación. Especificación de requisitos. Xestión de requisitos. Análise orientada a obxectos. Linguaxe unificada de modelaxe (UML).

25. Medidas eléctricas. Intensidade, tensión e potencia. Amperímetro, Voltímetro, Vatímetro. Medida en corrente continua. Medida en corrente monofásica. Medida en corrente trifásica. Factor de potencia e frecuencia. Resistencias, indutancias e capacidades. Corrente alterna. Monofásica. Trifásica. Conexión en triángulo. Conexión en estrela. Cálculo de liñas eléctricas.

26. Topoloxía das redes electrónicas. Lei de Ohm. Leis de Kirchhoff. Teoremas de circuítos, Teorema de Thevenin, Teorema de Norton e Teorema de Superposición. Ramas e nós dunha rede electrónica. Correntes e diferenzas de potenciais nunha rede electrónica. Correntes de malla linealmente independentes. Representación simbólica das redes electrónicas. Circuítos R-L-C. Filtros R-C. Filtros pasa-baixo e pasa-alto.

27. Circuítos electrónicos. Características do transistor bipolar. O transistor en circuíto aberto. Configuración en emisor común. Transistores en montaxe amplificador. Amplificadores de tensión e de corrente. Amplificador operacional. Conversores A/D e D/A. Fontes de alimentación. Transformador. Rectificador, media onda, onda completa con toma intermedia, onda completa con ponte de díodos. Multiplicadores de tensión, dobrador, triplicador e cuadriplicador. Filtros pasa baixo e pasa alto. Fontes de alimentación estabilizada. Fontes de alimentación regulada. Reguladores de tensión. Fontes de alimentación conmutadas.

28. Manexo e características de instrumentación e medida de laboratorio electrónica. Osciloscopio. Voltímetro dixital. Xerador de ondas. Fonte de alimentación.

29. Sinais e sistemas. Tratamento estatístico de sinais. Modelaxe de sistemas. Transformación de Fourier e Laplace. Análise temporal e frecuencial.

30. Circuítos dixitais. Portas OR, AND e NOT. Leis de Morgan. Sumadores. Conversores de código BCD. Multiplexor/demultiplexor de datos. Monoestables e biestables. Contadores síncronos. Osciladores (cristal de cuarzo) e divisores de frecuencia.

31. Hardware de ordenadores. Estrutura da memoria e tipos. Tipos, clases e funcións do procesador. Periféricos e portos I/O. Configuración da BIOS. Instalación e configuración dispositivos e drivers de adquisición de datos. Instalación e configuración de tarxetas de rede Ethernet e TCP/IP en sistemas operativos.

32. Sistemas operativos e programación. Sistemas operativos MS-DOS, Windows, Linux. Instalación, manexo de ficheiros, directorios e unidades de disco e aplicacións. Programación orientada a obxectos. Linguaxes de programación C, C++, C#, Java e Python.

33. Autómatas e sistema de visualización para autómatas. Tipos de programación de autómatas. Sistemas de visualización SCADA. Redes de comunicación industriais.

34. Tarxetas de adquisición de datos. Adquisición e rexistro de datos analóxicos. Técnicas de mostraxe de datos, resolución e frecuencia. Automatización de tarefas de adquisición. National Instruments NI-DAQ. Linguaxes de programación en tarxetas de adquisición de datos. Labview e controis para a integración en linguaxes de programación. Dataloggers, funcionamento, configuración e programación. Aplicación á automatización de sistemas.

35. Análise de información mediante técnicas informáticas: aplicación de técnicas estatísticas e de intelixencia artificial para a extracción de información e regras. Extracción de coñecemento sobre datos experimentais procedentes de ensaios de laboratorio. Aplicación de estes sistemas no ámbito da enxeñaría civil.

36. Sistemas de control e instrumentación en laboratorios de enxeñaría civil. Transdutores de medida. Galgas extensométricas. Células de carga. Transdutores lineais resistivos e LVDT. Sensores de presión. Transdutores de posición. Medidores de ángulo potenciométricos e indutivos. Inclinómetros e acelerómetros. Sensores de nivel por ultrasons. Anemómetros. Cataventos. Piranómetros. Pluviómetros. Temperatura (PT100 e LM35). Sensores de pH. Sensores de condutividade. Sensores de osíxeno disolto. Medida de velocidades de auga. Medida de caudais en lámina libre. Métodos e dispositivos de capacidade. Medida de caudais en presión. Caudalímetros acústicos. Velocímetros doppler acústicos. Tomamostras automáticos. Equipos portátiles para a medida de parámetros fisicoquímicos. Sensores para medidas da ondada.

ANEXO V

Temario subescala medios audiovisuales (mestre de taller)

Nota: debe entenderse que este temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que puideren producirse ata a data de fin de presentación de solicitudes.

Bloque I: temario xeral.

1. Constitución española de 1978. Título preliminar. Título I. Título III: Capítulo II. Título IV.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia. Título I. Título II: Capítulo II. Título III.

3. A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. Título preliminar. Títulos I ao X.

4. Estatutos da Universidade da Coruña.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I e títulos do III ao IX.

6. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Artigos 2, 4, 14, 15 e 29.

7. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Título I. Título II. Título III. Título IX.

8. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

9. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Título preliminar. Título I. Título II. Título III.

10. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Título preliminar. Título II: capítulos I, II, IV e V. Título IV: capítulos I e II.

11. Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña.

12. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia. Títulos I e II.

13. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Artigo 156: concepto de accidente de traballo e artigo 157: concepto de enfermidade profesional.

14. Información preventiva en materia de pantallas de visualización de datos.

Bloque II: temario específico.

15. Tipos de cables de audio e vídeo analóxico. Características. Sinal balanceado e non balanceado.

16. Micrófonos, tipos segundo o seu funcionamento. Diagramas polares e respostas direccionais. Micrófonos especiais. Sistemas de alimentación. Sistemas de gravación de son.

17. Altofalantes, tipos e características. O amplificador, entradas, saídas e dispositivos de control. Conectores de audio e adaptadores.

18. O son dixital, velocidade de mostraxe, resolución, acoplamentos, velocidades de bits, rango dinámico proporción entre sinal e ruído. Compresión con perda e sen perda. Estándares de compresión de audio. Sistemas DAW.

19. Dixitalización de sinais de vídeo. Normas de produción en sinais de vídeo. Fontes de imaxes dixitais. Vídeo: cámara vídeo. Normas de TV. Resolución vertical e horizontal. Cuantización. Soportes analóxicos e dixitais. Tarxetas capturadoras de vídeo. Dixitalización de vídeo analóxico. Estándares de vídeo. Normas de produción en sinais de vídeo. Fontes de imaxes dixitais. Robotización. Distribuidores de sinais.

20. As cámaras dixitais, bloques e funcións. Lentes, grupos ópticos e formación de imaxes. O diafragma e o obturador, número F, profundidade de campo. Sensibilidade ISO. Temperatura de cor e balance de branco.

21. Estereoscopia. A percepción da profundidade na visión, visión estereoscópica, creación da imaxe 3D. A cámara estereoscópica.

22. Transporte da información dixital. O fluxo de datos. Compresión de vídeo. Formatos de compresión. Definición de formato contedor e códec de vídeo. Tipos de formato de vídeo e códec. A imaxe dixital. Sistema de escaneamento entrelazado e progresivo. A imaxe HD e 4K. Mostraxe, bitrate e cuantificación.

23. Sistemas de videoconferencia, protocolos e códecs. Sistemas de difusión en rede. Conceptos básicos de Unicast e Multicast. Streaming de vídeo. Definición. Tipos de streaming. Contidos que se poden transmitir. Protocolos, formatos e comprensións. Dispositivos para streaming. Aplicacións para streaming. Servizos da internet para facer streaming. Seguridade en streaming.

24. Informática aplicada aos medios audiovisuais: Microsoft Teams. Xestión e configuración de eventos audiovisuais. Configuración de rede nos equipos, seguridade.

25. O estudio de televisión e croma. Equipamento e instalacións. O control de realización. Conexións e control do sinal de audio e vídeo.

26. O control de son en estudio e en estudio de radio. A mesa de mesturas de audio. Procesadores de audio. Filtros e ecualizadores.

27. Fisioloxía do ollo. O sinal de crominancia, características. Normas y estándares de TV. Os sinais e a diferenza de cor.

28. Tipos de iluminación, luz dura, luz suave. Funcións das fontes principais de iluminación. Iluminación de triángulo. Iluminación para ENG. Tomas con luz exterior. Tomas con luz interior. Iluminación para entrevista con tres puntos de luz.

29. Equipos de iluminación, fontes luminosas e tipos de lámpadas. Accesorios de control da iluminación. Accesorios para o control da luz solar.

30. Planos estándar. Os movementos da cámara, funcións. Ángulos de cámara. Principio da composición da imaxe, encadramento e proporcións.

31. Leis fundamentais da montaxe. Posibilidades narrativas. A montaxe continua, descontinua e ideolóxica.

32. Xestión, mantemento, configuración e uso dos medios técnicos audiovisuais: cámaras, obxectivos, equipos de son, gravadoras de audio estéreo e multicanle. Trípodes de vídeo. Soportes e estabilizadores de cámara.

33. O CCD natureza de cor. Mestura aditiva e mestura substractiva. Canles de croma e luminosidade.

34. Formas de edición en liña (online). Sistemas non lineais. Pasos técnicos nos sistemas de edición non lineal, dixitalización, compresión, almacenamento e xustaposición das imaxes.

35. Realización. Articulación do espazo-tempo. A continuidade visual, o raccord. O eixe de acción, forma de cruzar o eixe. Os eixes na realización multicámara. Angulacións de cámara e raccord de miradas.

36. ENG, equipo básico. Realización de informativo diario, rolda de prensa, reportaxes, documentais, entrevista individual e entrevista de grupo.

ANEXO VI

Temario subescala informática (C1)

Nota: debe entenderse que este temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que puideren producirse ata a data de fin de presentación de solicitudes.

Bloque I: temario xeral.

1. Constitución española de 1978. Título preliminar. Título I. Título III: Capítulo II. Título IV.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia. Título I. Título II: Capítulo II. Título III.

3. A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. Título preliminar. Títulos I ao X.

4. Estatutos da Universidade da Coruña.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I e títulos do III ao IX.

6. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Artigos 2, 4, 14, 15 e 29.

7. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas.

8. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Título preliminar. Título I. Título II. Título III.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Título preliminar. Título II: capítulos I, II, IV e V. Título IV: capítulos I e II.

10. Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña.

11. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia. Títulos I e II.

12. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Artigo 156: concepto de accidente de traballo e artigo 157: concepto de enfermidade profesional.

13. Información preventiva en materia de pantallas de visualización de datos.

Bloque II: temario específico.

Tecnoloxía básica:

14. Informática básica: concepto de datos e información. Concepto de sistema de información. Elementos constitutivos dun sistema. Características e funcións.

15. Hardware: arquitectura de ordenadores: elementos funcionais e subsistemas. Tipos. Conectividade. Montaxe. Mantemento.

16. Hardware: periféricos. Conectividade. Elementos de impresión. Elementos de almacenamento. Elementos de visualización e dixitalización.

17. Estrutura de datos: Organización de ficheiros. Algoritmos. Formatos de información e ficheiros. Sistemas RAID.

18. Sistemas operativos: fundamentos, estrutura e función xerais. Sistemas de arquivos.

19. Bases de datos: sistemas de xestión de bases de datos relacionais. Características e compoñentes. Linguaxes de interrogación de bases de datos. Estándar ANSI SQL. 

20. Lexislación relativa a seguridade e protección de datos: Esquema nacional de seguridade. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: títulos I, II, III e IX. O Regulamento xeral de protección de datos europeo.

21. Sede electrónica: normativa sobre a sede electrónica da UDC. Certificados dixitais: tipos, obtención, instalación e uso nos distintos sistemas operativos. Sinatura electrónica de documentos. Almacenamento de certificados e claves privadas en tarxetas criptográficas e DNI-E. 

Operacións:

22. Sistemas operativos Windows/Linux: implantación e mantemento: xestión de procesos, e automatización de tarefas. Administración de sistemas de arquivos.

23. Virtualización: máquinas virtuais de sistema: hipervisores, configuración, e implementación. Virtualización en escritorios: virtualización de aplicacións, VDI e SBC; arquitectura e compoñentes. Terminais cliente.

24. Sistemas operativos de servidor: implantación e mantemento. Xestión de usuarios e grupos, principais funcións de Active Directory e LDAP. Xestión de dispositivos. 

25. Software de aplicación: aplicacións de bases de datos locais e ofimáticas vixentes. Xestores e clientes de correo electrónico. Ferramentas colaborativas para grupos de traballo. Microsoft OFFICE 365. Libre Office.

26. Seguridade informática: seguridade dos sistemas de información. Seguridade física. Seguridade lóxica. Ameazas e vulnerabilidades: antivirus, firewalls persoais, programas antispyware. Ameazas por enxeñaría social (phising).

27. Xestión dos servicios de tecnoloxías da información baseada en ITIL 4: conceptos clave de xestión do servicio. As catro dimensións da xestión do servicio. O sistema de valor do servizo ITIL. Prácticas de xestión. Ferramenta de ticketing JIRA Service Desk. Programa de xestión de contidos, confluence.

28. Xestión e mantemento de aulas: sistemas de clonación por rede e locais. Software de xestión remota. Almacenamento en rede. Copias de seguridade. Puntos de recuperación. 

Comunicacións:

29. Comunicacións: medios de transmisión. Modos de comunicación. Equipos terminais e equipos de interconexión e conmutación. Redes locais. Tipoloxía. Técnicas de transmisión. Métodos de acceso. Dispositivos de interconexión. Ethernet, xDSL, CWDM. Sistemas sen fíos.

30. Modelo OSI: o modelo de referencia de interconexión de sistemas abertos (OSI) de ISO. Protocolos TCP/IP.

31. Internet: arquitectura da rede. Orixe, evolución e estado actual. Servizos principais. Protocolos HTTP, HTTPS, SSL/TLS. Seguridade e protección en redes de comunicacións. Sistemas de cortalumes. Redes privadas virtuais (VPN).

32. Redes: sistemas de cableado estruturado. Medios físicos de transmisión (cable de pares, cable coaxial y fibra óptica). Tipos de cableado. Sistemas corporativos de cableado estruturado. Medidas reflectométricas. Repartidores de telefonía. Redes sen fíos: WLAN 802.11. Sistemas de autenticación 802.1x, Radius, LDAP.

33. Telefonía: centrais telefónicas. Conceptos, funcionamento e servizos. VoIP. Sistemas de videoconferencia H320, H323, SIP. Videoconferencia WEB. Multicast.

ANEXO VII

Temario subescala mantementos (especialista de oficios) (C2)

Nota: debe entenderse que este temario pode verse afectado polas modificacións normativas e lexislativas que puideren producirse ata a data de fin de presentación de solicitudes.

Bloque I: temario xeral.

1. Constitución española de 1978. Título preliminar. Título I.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia. Título I.

3. A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario. Título I. Título II.

4. Estatutos da Universidade da Coruña.

5. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Título I e títulos do III ao IX.

6. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Artigos 2, 4, 14, 15 e 29.

7. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Título I. Título II.

8. Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades, do persoal ao servizo das administracións públicas.

9. Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. Título preliminar. Título I.

10. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade. Título preliminar. Título II: capítulo I, II, IV e V. Título IV: Capítulo I e capítulo II.

11. Regulamento de usos da lingua galega na Universidade da Coruña.

12. Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia. Título I.

13. Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social. Artigo 156: concepto de accidente de traballo e artigo 157: concepto de enfermidade profesional.

Bloque II: temario específico.

14. Carpintaría. Mantemento de persianas: compoñentes dunha persiana. Sistemas de elevación. Avarías frecuentes. Reparación de persianas. Mantemento de pechaduras e fallebas. Tipos de pechaduras: de aplacar, embutidas e fallebas. Substitución de pechaduras.

15. Inspección de edificios. Cubertas: funcionamento de caños e baixantes. Estado dos sumidoiros e limpeza de terrazas. Estrutura: orixe dos buratos. Tipos de buratos. Xuntas de dilatación. Humidades: a súa orixe. Tipos de humidades e xeitos de distinguilas. Ventás: tipos de materiais empregados. Compoñentes dunha ventá. Inspección do estado de conservación.

16. Electricidade. Condutores eléctricos: tipos e características. Intensidade, voltaxe, resistencia e potencia (conceptos elementais). Relación entre intensidade, potencia e a sección do condutor. Orixe do quecemento dos condutores e perigos derivados. Cadros de mando e protección: compoñentes de cadros. Funcións de diferenciais e interruptores térmicos. A sensibilidade dos diferenciais. Relación entre sección do condutor e os calibres de diferenciais e interruptores térmicos. Localización de pequenas avarías en circuítos. Comprobación do estado de funcionamento dun diferencial. Interruptores e enchufes: tipos e características. Pequenos traballos de mantemento: substitución de interruptores e enchufes. Riscos eléctricos. Reactancias electrónicas.

17. Fontanaría. Funcións básicas de fontanaría: substitución e reparación de chaves. Reparación de cisternas de inodoros. Limpeza de sifóns e botes sifónicos.

18. Calefacción. Salas de caldeiras: compoñentes e a súa función. A presión manométrica da instalación (a súa relación coa altura do edificio e a purgación dos circuítos). Comprobación do valor axeitado. Purgadores automáticos. Comprobación do nivel de gasóleo. Comprobación dos termóstatos das caldeiras. Identificación dos bloqueos dos queimadores e procedemento para desbloquealos. Control de funcionamento de bombas. Radiadores: o seu funcionamento segundo a posición de entrada e saída da auga. Formas de purgar os radiadores. Relación entre a purgación de radiadores e a altura manométrica. Tipos de chaves para radiadores.

19. Organización do almacén. Almacenamento e conservación de materiais. Revisión e reposición de materiais.

20. Albanelaría: tarefas desenvolvidas polo peón. Útiles e ferramentas. Aglomeracións. Áridos, ladrillos: definición e tipos. Aglomerados.

21. Xardinaría: tarefas desenvolvidas polo peón. Útiles e ferramentas manuais. Partes básicas das plantas. Procesos básicos das plantas. Coñecementos básicos de tipos de enxertos, bacelos e escallos.

22. Pintura: tarefas desenvolvidas polo peón. Útiles e ferramentas manuais.

23. Limpeza: tarefas desenvolvidas polo peón. Útiles e ferramentas manuais para a limpeza.

24. A seguridade dos edificios. Rutinas básicas de control fronte á intrusión.

25. Localización de centros e servizos da UDC.

26. Información preventiva en materia de manexo manual de cargas.

27. Información preventiva en materia de riscos eléctricos en baixa tensión.

28. Información preventiva en materia de accidentes producidos pola electricidade.

29. Información preventiva en materia de escaleiras.

30. Información preventiva en materia de manexo de ferramentas manuais.

31. Información preventiva en materia de pantallas de visualización de datos.

missing image file
missing image file
missing image file