DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 54098

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2023.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no segundo cuadrimestre de 2023 por esta fundación.

Data da sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

12.5.2023

0,00 €

Convenio de colaboración de natureza patrimonial entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia (FCDCG) e o Centro de Innovación Educativa e Dixital (Ciedix), para situar a sede do centro no edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia

15.5.2023

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral (art. 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado) entre Viaqua Gestión Integral de Augas de Galicia, S.A.U. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia

2.6.2023

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para instalar un caixeiro automático nas instalacións de Cidade da Cultura

20.7.2023

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para realizar prácticas de alumnado do curso de posgrao propio CEU en Xestión e Innovación Cultural

8.8.2023

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Privada Banco Sabadell e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para colaborar na realización do XIII Encontro de artistas novos

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia