DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 22 de setembro de 2023 Páx. 53891

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 13 de setembro de 2023 pola que se autorizan a apertura e o funcionamento do centro privado Cesforem Formación, da Coruña.

A titularidade do centro privado (CPR) Cesforem Formación, da Coruña, solicita a autorización para impartir dous ciclos formativos de grao medio (CM) Coidados Auxiliares de Enfermaría e un ciclo formativo de grao superior (CS) Hixiene Bucodental.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR).

Denominación específica: Cesforem Formación.

Código do centro: 15033290.

Domicilio: avda. Monelos, 45 baixo.

Localidade: A Coruña.

Código postal: 15009.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Formación Profesional y Certificados de Galicia, S.L.

Ensinanzas que se autorizan:

Réxime ordinario, modalidade presencial

– 2 CM Coidados Auxiliares de Enfermaría (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

– 1 CS Hixiene Bucodental (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Revisión da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades