En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada pola Lei 9/2018, do 5 de decembro (BOE do 6 de decembro), faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.b) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 21 de agosto de 2023, o cambio de actividade de forestal a agrícola da parcela 11 del polígono 134 no termo municipal de Friol (Lugo).
O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 12 de xullo de 2023.
Lugo, 12 de setembro de 2023
María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo