DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53840

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, do contrato administrativo do servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña, tramo A Malata, Ponte da estrada da Malata, Ferrol (A Coruña), obra con referencia de expediente AUG-2023-0002 e clave do proxecto OH.315.1205 (expediente AUG-2023-0015).

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, dáse publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indica, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Poder adxudicador:

1.1) Nome: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

1.2) Número de identificación fiscal: Q1500378C.

1.3) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, código postal 15781.

1.4) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

1.5) Código NUTS: ES111.

1.6) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

1.7) Fax: 981 95 74 03.

1.8) Teléfono: 981 95 74 01.

1.9) Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

1.10) Perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

2. Tipo de poder adxudicador e principal actividade exercida:

2.1) Tipo de poder adxudicador: entidade pública do sector público autonómico de Galicia.

2.2) Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

3. Código CPV: 71311100-2 Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

4. Código NUTS do lugar principal do servizo: ES111 Ferrol (A Coruña).

5. Descrición do obxecto da licitación: servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de colector interceptor da marxe esquerda do río Sardiña. Treito A Malata-Ponte da estrada da Malata. Ferrol (A Coruña)-obra con referencia de expediente AUG-2023-0002 e clave do proxecto OH.315.1205. Referencia de expediente: AUG-2023-0015.

6. Tipo de procedemento de adxudicación: aberto, non suxeita a regulación harmonizada e polo trámite ordinario.

7. Orzamento base de licitación: importe neto: 21.107,96 euros. Importe total: 25.540,63 euros.

8. Valor estimado do contrato: 27.271,68 euros. Inclúe o orzamento base de licitación (21.107,96 euros) e a/as prórroga/s contractual/is ordinaria/s prevista/s (6.163,72 euros).

9. Prazo de execución do contrato: 7 meses. Previsión de prórrogas contractuais ata un máximo de 2 meses.

10. Criterios de adxudicación:

10.1) Adxudicación do contrato: acordouse tomando como base de valoración os criterios de adxudicación obxectivos establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares e en aplicación destes seleccionouse a mellor oferta por obter a maior puntuación total como resultado da valoración global das proposicións admitidas.

10.2) Criterios de adxudicación: proposición económica (ponderación 41 %), análise do documento técnico da obra (ponderación 20 %), metodoloxía para a execución dos traballos de control de materiais, equipamentos e unidades de obra (ponderación 17 %), metodoloxía para a execución dos traballos de elaboración dos informes de inspección da obra e/ou implantación dos programas de seguimento e control establecidos para a obra (ponderación 12 %) e medidas para o impulso demográfico (ponderación 10 %).

11. Data da adxudicación do contrato: 26 de maio de 2023.

12. Número de ofertas recibidas:

12.1) Ofertas totais: 4.

12.2) Ofertas de pequenas ou medianas empresas: 4.

12.3) Ofertas doutros Estados membros da Unión Europea ou de terceiros países: ningunha.

12.4) Ofertas por vía electrónica: si.

13. Data de formalización ou realización do contrato: 15 de xuño de 2023.

14. Empresa contratista:

14.1) Nome da empresa ou, de ser o caso, UTE: Ingeniería del Noroeste, S.L.

14.2) NIF: B15128838.

14.3) Enderezo: rúa Picaños, núm. 44, baixo, 15702 Santiago de Compostela.

14.4) Código NUTS: ES111 (A Coruña).

14.5) Correo electrónico: info@ingenieriadelnoroeste.com

14.6) Fax: 981 57 21 23.

14.7) Teléfono: 609 04 60 21.

14.8) Pequena ou mediana empresa: si.

15. Valor da oferta seleccionada: importe neto: 17.980,00 euros. Importe total: 21.755,80 euros.

16. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Esta actuación será cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 no obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2: investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para dar resposta ás necesidades, identificadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1: culminar os requisitos da Directiva marco da auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga; actuación 6.2.1.1: saneamento e depuración para o cumprimento dos obxectivos da Directiva marco da auga (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). Operación: mellora dos sistemas de saneamento na ría de Ferrol.

Por isto, deberán observarse os criterios de elixibilidade, xestión, publicidade e control propios dos documentos de programación e da normativa comunitaria de aplicación ao Feder. Respectaranse, polo tanto, as normas de subvencionabilidade do gasto do programa operativo do citado fondo europeo, así como as normas de información e publicidade establecidas nas guías de publicidade e nas demais normas comunitarias que sexan de aplicación.

17. Servizo do que se pode obter información sobre o contrato formalizado:

17.1) Nome: Contratación de Augas de Galicia.

17.2) Enderezo: praza Camilo Díaz Baliño, 7-9.

17.3) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

17.4) Código postal: 15781.

17.5) Correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.gal

17.6) Fax: 981 95 74 03.

17.7) Teléfonos: 981 95 74 01.

18. Datos e referencias de publicacións anteriores no Diario Oficial de la Unión Europea relevantes para o contrato: non procede.

19. Información acerca do Acordo sobre contratación pública: contrato cuberto polo Acordo sobre contratación pública.

20. Outras informacións:

Publicidade do anuncio de licitación no perfil de contratante: 8 de febreiro de 2023.

Publicidade da adxudicación no perfil de contratante: 31 de maio de 2023.

Publicidade do contrato formalizado co contratista no perfil de contratante: 16 de xuño de 2023.

Publicidade do anuncio de formalización do contrato no perfil de contratante: 21 de xuño de 2023.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file