Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2022-0378, do 26 de decembro, aprobáronse as bases para a provisión de tres prazas como persoal laboral fixo, auxiliar axuda no fogar, mediante o sistema de concurso de méritos.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
As bases e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas ditas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia, así como na sede electrónica do concello (https://ribeiradepiquin.sedelectronica.gal).
Ribeira de Piquín, 31 de agosto de 2023
Roberto Fernández Rico
Alcalde presidente