DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 21 de setembro de 2023 Páx. 53788

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de xenética.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade mediante a Resolución do 30 de maio de 2023 (BOE do 13 de xuño), para a provisión da praza número 23/002 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de xenética, do Departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de Vanessa Valdiglesias García, con DNI núm. ***6476**, e unha vez que a persoa interesada acreditase os requisitos establecidos na convocatoria, esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Vanessa Valdiglesias García profesora titular de universidade da área de coñecemento de xenética, do Departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 12 de setembro de 2023

Julio Ernesto Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña