DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 25 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo (anteriormente nomeado solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo) no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2020/158).

O 15 de outubro de 2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 199, o Acordo do 5 de outubro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental (EIA) e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico -PIA) do proxecto de solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo, no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408A 2020/158).

O 1 de xuño de 2022 Greenalia Wind Power, S.L.U. (en diante, o promotor) presentou a solicitude para a declaración de utilidade pública (DUP) do expediente «IN408A 2020/158. Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino-Vilartoxo», achegando xunto coa solicitude a documentación técnica correspondente.

O 22 de maio de 2023, o promotor presentou ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) nova documentación técnica, en substitución da presentada no seu día, adaptada á nova infraestrutura de evacuación, como consecuencia da DIA desfavorable do parque eólico Barrosino, emitida o 13.1.2023 polo órgano ambiental. Como consecuencia desta modificación actualízase a denominación do proxecto pasando a ser «Infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo».

O 21 de xuño de 2023 e o 28 de xullo de 2023, o promotor presentou ante a DXPERN a documentación actualizada relativa á declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, do proxecto da infraestrutura de evacuación do parque eólico Vilartoxo. A dita documentación foi redirixida pola DXPERN a esta xefatura territorial co obxecto de proseguir coa súa tramitación.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotor: Green Capital Power, S.L. (NIF B85945475).

Enderezo para os efectos de notificacións: rúa Fernando de Casas Novoa 35, bloque B, 2º andar, porta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: infraestruturas de evacuación PE Vilartoxo (DUP) (anteriormente denominado: solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Barrosino e Vilartoxo).

Nº de expediente: IN408A 2020/158.

Concellos afectados: A Baña (A Coruña).

Obxecto da información pública:

A solicitude da declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica para as instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

1. Proxecto de infraestruturas de evacuación P.E. Vilartoxo, maio 2023 (número de visado V220357, do 18.5.2023).

2. A relación dos bens e dereitos afectados polo proxecto, concreta e individualizada dos propietarios (RBDA xullo 2023-asinada o 28.7.2023), que figura no anexo que se insire neste acordo.

3. Plano xeral parcelario do proxecto (28.7.2023).

4. Planos individuais dos predios afectados polo proxecto (28.7.2023).

Polo exposto, o proxecto faise público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que xulguen oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación da provincia afectada, de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

A documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, teléfonos 981 18 49 83 e 981 18 49 82), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, así como na casa do Concello da Baña (A Coruña). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

A Coruña, 25 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Anexo á relación de bens e dereitos afectados (RBDA) polo proxecto da infraestrutura de evacuación
do parque eólico Vilartoxo no concello da Baña (A Coruña) (expediente IN408 2020/158)

Relación de bens e dereitos afectados

Tramo aéreo:

Nº predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Afeccións

Apoio

Voo

Vieiro de acceso (m²)

Ocupación temporal (m²)

Ref. catastral

Políg.

Parcela

Núm. ( %)

Superficie (m²)

Superficie (m²)

Concello da Baña

1

Tosar Iglesias, José (herdeiros de)

15007A02100109

21

109

Campo Redondo

Labradío

 

 

 

 

47,41

2

Torreira Vázquez, Carmen

15007A02100108

21

108

Campo Redondo

Labradío

VIL-TRO 01 (PAS) (100 %)

20,34

73,28

 

312,59

3

Vieito Fandiño, Manuel

15007A02100107

21

107

Campo Redondo

Forestal

 

 

187,95

 

30,54

4

Torreira Allo, María Carmen (herdeiros de)

15007A02100106

21

106

Campo Redondo

Forestal

 

 

247,76

 

 

5

Vilacoba Torreira, María Carmen

15007A02100104

21

104

Pousentes

Forestal

VIL-TRO 02 (100  %)

22,85

448,90

372,12

359,33

6

Beceiro Pais, José María

15007A02100105

21

105

Coton Grande

Forestal

 

 

1.533,43

291,27

6,05

Deus Cebey, María Magdalena

7

Tosar Iglesias, José (herdeiros de)

15007A02100119

21

119

Agro do Campo Redondo

Prados

 

 

249,10

69,45

 

8

Tosar Iglesias, José (herdeiros de)

15007A02100120

21

120

Agro do Campo Redondo

Prados

 

 

261,16

73,16

 

9

Tosar Iglesias, Carmen (herdeiros de)

15007A02100121

21

121

Agro do Campo Redondo

Prados

 

 

243,32

70,49

 

10

Tosar Iglesias, José (herdeiros de)

15007A02100122

21

122

Agro do Campo Redondo

Prados

 

 

227,66

70,32

 

11

Tosar Quintáns, María Carmen

15007A02100123

21

123

Agro do Campo Redondo

Forestal

 

 

164,52

55,52

 

12

Ríos Vieito, José

15007A02100124

21

124

Campo Redondo

Forestal

 

 

250,70

99,76

83,14

13

Ríos Vieito, José

15007A02100125

21

125

Campo Redondo

Forestal

VIL-TRO 03 (100 %)

5,52

89,59

19,83

223,31

14

Silva Vieito, Carmen

15007A02100127

21

127

Agro de Rozas

Forestal

 

 

10,10

 

 

15

Vieito Mesías, Manuela

15007A02100131

21

131

Regueiro de Parada

Forestal

 

 

1.296,71

 

 

16

Silva Rodríguez, Manuel

15007A02100132

21

132

Coton dos Allos

Matogueira

 

 

590,49

 

142,61

17

Vieito Vieito, Manuel

15007A02100140

21

140

Regueiro de Parada

Forestal

 

 

867,26

 

 

18

Silva Rodríguez, Manuel

15007A02100128

21

128

Monte de Lañas

Forestal

 

 

39,95

 

 

19

Pais Guerra, Elisardo Francisco

15007A02100129

21

129

Monte de Lañas

Forestal

 

 

303,44

 

109,20

Lens Liñares, María Dolores

20

Nieto Forján, Jesús Francisco

15007A02100130

21

130

Monte de Lañas

Forestal

VIL-TRO 04 (100 %)

3,17

442,24

127,66

319,59

21

Pais Puga, Estrella (herdeiros de)

15007A02100223

21

223

Monte de Lañas

Forestal

 

 

0,47

 

 

22

Vieito Esturao, María Asunción Dolores

15007A02100209

21

209

Agro de Paradas

Forestal

 

 

0,16

 

 

23

Serrano Liñares, Balbina Matilde

15007A02100213

21

213

Agro de Paradas

Forestal

 

 

222,09

187,14

 

24

Liñares Pazos, Germán

15007A02100214

21

214

Agro de Paradas

Forestal

 

 

811,33

130,52

 

Pais Puga, Estrella (herdeiros de)

25

Pais Puga, Herminio

15007A02100215

21

215

Agro de Paradas

Forestal

 

 

1.807,21

271,60

 

26

Pais Puga, Estrella (herdeiros de)

15007A02100207

21

207

Agro do Muíño

Forestal

 

 

617,42

 

 

27

Vieito Fernández, Jesús (herdeiros de)

15007A02100216

21

216

Monte de Lañas

Forestal

VIL-TRO 05 (100 %)

5,52

1.285,07

714,48

445,84

28

Vigo Castro, Alfredo

15007A50801083

508

1083

Esquina Beria

Forestal

 

 

1.106,37

 

 

29

Vieito Mesías, Manuela

15007A50800167

508

167

Viña

Forestal

VIL-TRO 06 (100 %)

3,61

2.193,30

117,04

434,00

30

Silva Vieito, Carmen

15007A50800168

508

168

Viña

Forestal

 

 

1.697,30

 

 

31

Pais Puga, Estrella (herdeiros de)

15007A50800169

508

169

Borres de Abaixo

Forestal

 

 

211,76

 

 

32

Pais González, María Dolores

15007A50800166

508

166

Esquina Beria

Forestal

VIL-TRO 07 (100 %)

2,92

174,13

199,33

421,13

33

Landeira Dopazo, Manuel (herdeiros de)

15007A50700014

507

14

Borres de Abaixo

Labradío

 

 

188,52

 

 

34

Ardións Pensado, Sara

15007A50800175

508

175

Os Sistos

Forestal

 

 

125,02

 

 

35

Ardións Pensado, Sara

15007A50800174

508

174

Os Sistos

Forestal

 

 

 

 

 

36

Vieito Vieito, Avelina

15007A50800170

508

170

Os Sistos

Forestal

 

 

913,04

 

 

37

Vieito Vieito, Carmen

15007A50800171

508

171

Os Sistos

Forestal

VIL-TRO 08 (100 %)

3,53

1.734,79

410,97

433,21

38

Vieito Ardións, Severino (herdeiros de)

15007A50800173

508

173

Os Sistos

Forestal

 

 

423,29

180,99

 

39

Quintáns Vilacoba, José

15007A50800182

508

182

Viña

Forestal

VIL-TRO 09 (100 %)

2,92

2.475,38

147,30

423,58

40

Quintáns Vilacoba, José

15007A50800096

508

96

Campelo

Forestal

 

 

43,06

 

 

41

Calvo Vieito, Roberto

15007A50800095

508

95

Campelo

Forestal

VIL-TRO 10 (100 %)

2,92

1.231,50

91,28

426,44

42

Ramas Casas, José María

15007A50801114

508

1114

Trascoreixe

Forestal

 

 

182,25

 

 

43

Ramas Casas, Manuel

15007A50801115

508

1115

Trascoreixe

Forestal

 

 

573,64

 

 

44

Turnes Vieito, Julio

15007A50800088

508

88

Lamas

Forestal

 

 

1.156,36

 

 

45

Quintáns Vilacoba, José

15007A50700156

507

156

Lamas

Forestal

 

 

153,04

 

 

46

Vieito Turnes, María de la Luz

15007A50800085

508

85

Tras Corexe

Matogueira

VIL-TRO 11 (100 %)

3,80

937,17

206,75

435,98

Ouro Vieito, Javier

47

Pena Varela, Jesús Manuel

15007A50800084

508

84

Agro

Labradío

 

 

122,61

 

 

48

Pena Varela, Jesús Manuel

15007A50700155

507

155

Agra Lamas

Labradío

 

 

1.690,63

 

 

49

Pais Baña, José

15007A50700154

507

154

Lamas

Prados

 

 

14,98

 

 

50

Pais Baña, José

15007A50800077

508

77

Agro Lamas

Prados

 

 

237,95

 

 

51

Pais Salvante, Manuel

15007A50800076

508

76

A Costa

Matogueira

 

 

122,27

 

 

52

Baña Casal, Jesús

15007A50800070

508

70

A Costa

Forestal

VIL-TRO 12 (100 %)

3,80

484,09

88,33

420,05

53

Quintáns Romero, María Sara (herdeiros de)

15007A50800069

508

69

Pedra Segunda

Forestal

 

 

88,16

 

 

54

Pais Varela, Manuel

15007A50800075

508

75

A Costa

Forestal

 

 

768,43

 

 

55

Pais Varela, Manuel

15007A50800043

508

43

A Costa

Labradío- Forestal

VIL-TRO 13 (100 %)
VIL-TRO 14 (PAS) (100 %)

26,38

3.196,26

959,37

2.099,72

Afeccións tramo aéreo:

– Superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados:

Apoio: expropiación total en metros cadrados (m²).

– Servidume de paso:

Vieiro de acceso: servidume de paso temporal dos vieiros polos que circularán os transportes durante a construción da liña, así como durante a súa etapa de mantemento, en metros cadrados (m²).

– Servidume de voo:

Voo: servidume de voo en metros lineais (ml) e metros cadrados (m²).

– Ocupación temporal apoio: ocupación temporal dos terreos de necesaria ocupación durante as obras, en metros cadrados (m²).