DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 1 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS611A (expediente 2023/4212-1 e un máis).

De conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos de citación as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica as ditas persoas interesadas, por si mesmas ou a través das persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de dependencia e autonomía persoal da Xefatura territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, sección de cualificación e valoración de discapacidades, sitas no edificio administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírteselle que, de non atender o establecido no acto de citación unha vez efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarase o arquivamento das actuacións logo da resolución que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña,1 de setembro de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS611A

Expediente

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2023/4212-1

47367395E

Citación para o recoñecemento

24.8.2023

2023/0486-1

35141202P

Citación para o recoñecemento

25.8.2023