DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 20 de setembro de 2023 Páx. 53690

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varios/as interesados/as as resolucións de modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Losón (Lalín-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, na Oficina Comarcal de Infraestruturas Agrarias de Lalín, sita en Lalín (rúa Polideportivo, nº 1, baixo, teléfonos 886 15 94 52 e 886 15 94 53), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra o acto a que se refire o anexo, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación.

Pontevedra, 6 de setembro de 2023

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MA-12

76823076V

Resolución de modificación do acordo

MA-30

76809766R

Resolución de modificación do acordo

MA-57

76796524F

Resolución de modificación do acordo

MA-69

76795091T

Resolución de modificación do acordo

MA-63

76798148K

Resolución de modificación do acordo