DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53495

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo II, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 3 de maio de 2023 (DOG do 16 de maio) convocáronse probas selectivas para cubrir dúas prazas da categoría profesional de técnico de grao medio de investigación (resonancia magnética nuclear), grupo II, pola quenda de promoción interna. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas nas citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidenta:

– Carmen Álvarez Lorenzo, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

– Esteban Guitián Fernández, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– María José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Bruno da Cuña Mariño, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria:

– Sara López González, funcionaria de carreira da escala de xestión da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidente:

– Manuel Martín Pastor, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Vogais:

– Mercedes Rivas Cascallar, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Albina Román Castro, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– Diego Conde Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria:

– Alba Cachafeiro Requeijo, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela