DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2023/052-1).

Expediente: IN407A 2023/052-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: renovación da LMTS MEL712 entre o CT 15CMQ1 e o CT 15PTP0.

Concello: Melide.

Feitos:

1. O día 7.2.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica. Co obxecto de incrementar a calidade da subministración eléctrica e a capacidade de transporte das liñas na contorna do polígono industrial da Madalena, na parroquia de Furelos (San Xoán), concello de Melide, proxéctase deixar fóra de servizo cinco tramos soterrados da liña de distribución LMT MEL712 Santa María polígono industrial, 12, procedente da subestación Melide, e instalar uns novos en canalización paralela á existente.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, achegan memoria, planos e orzamento co proxecto de execución denominado renovación da LMTS MEL712 entre o CT 15CMQ1 e o CT 15PTP, asinado o día 4.1.2023 por Tito Arias Santos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, co número de colexiado LE-1010.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, trasladóuselles unha separata do proxecto ás entidades afectadas, na parte en que a instalación puidera afectar bens e dereitos ao seu cargo. A separata contén as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. Así, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Melide, a Augas de Galicia e aos servizos de Patrimonio Cultural e Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Coruña das consellerías de Cultura e Medio Ambiente. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

4. O día 24.8.2023 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia; e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

a) Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

c) Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

d) Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

e) Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

f) Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Características técnicas:

As instalacións atópanse no polígono industrial da Madalena, parroquia de Furelos (San Xoán), no concello de Melide, e as súas características técnicas son as seguintes:

– LMTS (actuación 1) a 15 kV, de 149 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS 15CMQ1 Cemarksa existente e remate no CS 15PTP0 Lasurgal existente.

– LMTS (actuación 2) a 15 kV, de 170 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no CS 15PTP0 Lasurgal existente e remate no CT parque empresarial de Melide, nº 2 (15CGN6) existente.

– Tramos que se van deixar sen servizo da LMT MEL712 Santa María polígono industrial, 12, procedente da subestación Melide: MEL7120400, MEL7120391, MEL7120392, MEL7120388 e MEL7120377 con condutor UNI-Al-150-RHV (IN407A 2016/2126-1).

– A liña proxectada discorrerá canalizada no interior de tubo de polipropileno de 160 mm de diámetro en gabia de dimensións de 0,40 metros de ancho e de 1,00 metros de profundidade nos tramos que discorran pola calzada e cando discorran por beirarrúa de 0,40 metros de ancho e de 0,80 metros de profundidade nos tramos de simple circuíto e de 0,40 metros de ancho e 1,00 metros de profundidade nos tramos de dobre circuíto, para o que se instalarán de dous a catro tubos de idénticas características. Lonxitude total de canalización proxectada de 320 m.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 28 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña