DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Sobrado dos Monxes (expediente IN407A 2023/282-1).

Expediente: IN407A 2023/282-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: nova LAMT, LSMT, CT e conexión RBT en Muradelo.

Concello: Sobrado dos Monxes.

1. Características técnicas:

– Modificación, sen alterar o seu actual trazado, da liña MEL-705 rexistrada no expediente IN407A 2016/2363-1, no seu treito de 331 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre o apoio núm. 146 (matrícula B46IQ6JQ) de formigón tipo A-AL-HV-1600/15-CR-6xCA(CS)-cruceta derivada-3xCA (derivada a CT Mesón de Roade) e núm. 147 (matrícula B3XCRTNX) metálico tipo A-AL-C-Triángulo-6xCA(CS), consistente en:

• Instalación, intercalado entre os devanditos apoios e a unha distancia de 152,1 metros do apoio núm. 146, na parcela con referencia catastral 15081A03100133, dun novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-2000/18-T35-6xCA(CS), que se identificará como apoio núm. 146-B1.

• Instalación, intercalado entre os devanditos apoios e a unha distancia de 84,6 metros do apoio núm. 147, na parcela con referencia catastral 15081A03100134, dun novo apoio metálico de celosía tipo A-AL-2000/16-H35-6xCA(CS)-H35-3xCA, que se identificará como apoio núm. 146-B2.

– Nova liña eléctrica de media tensión aérea, a 15 kV, de 385,9 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, tendida sobre catro (4) novos apoios metálicos tipo A-AL-C-2000/14-H35-6xCA (apoio N1), A-AL-C-2000/16-H35-6xCA(CS) (apoio N2), A-AL-C-2000/18-H35-6xCA(CS) (apoio N3) e FL-C-2000/14-H35-3xCA (apoio N4), con orixe no novo apoio núm. 146-B2 proxectado e remate no novo apoio N4 antes indicado. No apoio N1 proxéctase a instalación dun seccionador e no apoio N4 proxéctase a instalación dun paso aero-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas.

– Instalación, na parcela con referencia catastral 15081A03100107, sita no lugar de Muradelo, dun novo centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural fin de liña, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres (3) saídas (unha de reserva).

– Nova liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 141 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm² Al), con orixe no paso aero-soterrado (PA/S) que se vai instalar no novo apoio N4 e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Mesón de Roade (expedientes 34.958 e IN407A 2016/790-1/matrícula 15A263), que resultará parcialmente descargado, mediante a instalación de dous (2) novos circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 2×39 metros de lonxitude en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1×150 mm² Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate no acoplamento coa rede aérea de baixa tensión existente que se vai realizar nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados no apoio de formigón 90342282 existente e da substitución de 63 metros de rede aérea de baixa tensión existente en condutor tipo RZ 3(1×16 mm² Al) por novo condutor tipo RZ 3(1×50/54,6 mm² Al/Alm).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/282-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: nova LAMT, LSMT, CT e conexión RBT en Muradelo.

Concello: Sobrado dos Monxes.

Núm.

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

CT/núm. do apoio

Superf. (m²)

Lonx. (m)

Superf. (m²)

1

15081A03100133

Chousa Nova

Labor ou labradío de secaño

Descoñecido

Novo apoio núm. 146-B1

2

4

15081A03101139

Xesteira

Matogueira

David Lobeiro Quintela

48,1

685,74

5

15081A03100136

Chousa

Xestes

Matogueira

David Lobeiro Quintela

83,82

9

15081A03100135

Chousa de Atrás

Prados ou praderías

Descoñecido

52

10

15081A03100090

Fondelo

Prados ou praderías

Descoñecido

98,49

714,21

11

15081A03100095

Agro Baixo

Prados ou praderías

Descoñecido

Novo apoio N3

2

68,34

1.291,75

12

15081A03100096

Fondal

Prados ou praderías

María Ángeles Lorenzo

Iván Parga Lorenzo

Novo apoio N4

2

51,98

708,8

13

15081A03100107

Pozo Prado Vello

Improdutivo

Descoñecido

CT

19,75