DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador en materia de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia ANI-LU-0012/2023.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola instrutora de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, no concello de Lugo.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 7 de setembro de 2023

Jesús Montouto González
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: ANI-LU-0012/2023.

NIF: 33994682S.

Acto notificado: proposta de resolución.