DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53491

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, de persoal laboral, oficial/a de segunda carpinteiro/a.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial/a de segunda carpinteiro/a, pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galicia, oficial/a de segunda carpinteiro/a, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo IV, categoría 21, de persoal laboral da Xunta de Galicia,
oficial/a de segunda carpinteiro/a

Tribunal titular

Presidencia:

– Juan Francisco Rodríguez Cendán, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Secretaría:

– Sandra Noemí Suárez-Noguerol Calvet, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Roberto Rivas Conejo, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– Luis Manuel Beceiro Rodríguez, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

– María Rey Rodríguez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Tribunal suplente

Presidencia:

– Juan Luis Santalla Felgueiras, persoal funcionario do corpo de profesores técnicos de formación profesional.

Secretaría:

– Marcos Castro Pérez, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Vogais:

– Adela María Bárbara Criado, persoal funcionario do corpo de técnicos de carácter facultativo, escala de delineantes, subgrupo C1.

– María Sofía Couselo Lamas, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– María Pilar Ageitos Olveira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.