DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53485

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2023 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, na categoría de operador/a de ordenador (persoal do Cixtec).

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, na categoría de operador/a de ordenador (persoal do Cixtec), mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia, na categoría de operador/a de ordenador (persoal do Cixtec), coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo III do persoal laboral da Xunta de Galicia,
operador/a de ordenador (persoal do Cixtec)

Tribunal titular

Presidencia:

Alfonso Pereira Martínez, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

Carlos Docampo Ramos, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Susana Ladra González, profesora titular da Área de Linguaxes e Sistemas Informáticos na Universidade da Coruña.

Natalia Blanco Fernández, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Tribunal suplente

Presidencia:

Pilar Cobas Cajuso, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Secretaría:

Marco Antonio Cobo García, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Pablo García Freire, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Pablo Valdés Álvarez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.