DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 65, do 4 de abril), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 6 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG núm. 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Resolución do 30 de marzo de 2022 (DOG núm. 65, do 4 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Examinadas as alegacións presentadas polas persoas aspirantes sobre a listaxe de puntuacións publicadas pola Resolución do 21 de xullo de 2023 (DOG núm. 155, do 17 de agosto), detectouse un erro no cadro de respostas utilizado na corrección dos exercicios e realizouse unha nova corrección, que afecta a puntuación das persoas aspirantes, ben que non afecta o número de persoas aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar as novas puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

José Ángel Mourelo Ortueta
Presidente do tribunal