DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 19 de setembro de 2023 Páx. 53421

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 11 de setembro de 2023 pola que se dispón o cesamento dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do Concello da Coruña,

DISPOÑO:

O cesamento de Francisco Dinís Díaz Gallego como vogal representante do Concello da Coruña no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2023

Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar