DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53400

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado POL-12 rúa Nova de Arriba, cruzamento (expediente 898/2023).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 16.8.2023, adoptou o acordo de aprobación inicial do estudo de detalle para o reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado POL-12 rúa Nova de Arriba, cruzamento, no termo municipal de Bueu, no cal se atopan os inmobles de referencias catastrais: 6061211NG1866S0001YW e 6061212NG1866S0001GW.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que se somete á información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Para estes efectos, o documento do estudo de detalle relativo ao reaxuste das aliñacións no ámbito do solo urbano non consolidado denominado POL-12 rúa Nova de Arriba, cruzamento, estará dispoñible na páxina web do Concello de Bueu (https://concellodebueu.gal/), así como no seu portal de transparencia, e queda, así mesmo, á disposición do público en xeral no Departamento de Urbanismo do concello, rúa Eduardo Vincenti núm. 8, Bueu 36930, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Bueu, 23 de agosto de 2023

Félix Juncal Novas
Alcalde