DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53160

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos durante o segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda durante o segundo cuadrimestre do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2023

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda
e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Convenios asinados no segundo cuadrimestre do ano 2023

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica
da Consellería (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de Spanolepsis Selloanae como axente de control biolóxico da especie de flora exótica invasora Cortaderia Selloana

Establecer as condicións para acordar a colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Universidade da Coruña para para o desenvolvemento de Spanolepsis Selloanae como axente de control biolóxico da especie de flora exótica invasora Cortaderia Selloana

23 de maio de 2023

Ano 2023: 20.000,00 €

Ano 2024: 25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para o desenvolvemento dun proceso de participación de axentes interesados e a definición de estratexias, liñas de acción e formatos de aplicación de políticas públicas en materia de ordenación do territorio e planificación estratéxica integrada

Establecer o marco da colaboración entre as entidades asinantes para o desenvolvemento pola Fundación RIA, coa colaboración do COAG, dun proceso de participación de axentes interesados e a definición de estratexias, liñas de acción e formatos de aplicación de políticas públicas en materia de ordenación do territorio e planificación estratéxica integrada

29 de maio de 2023

75.000,00 €

Addenda número 5 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Oza-Cesuras para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–, da cláusula terceira –compromisos do Concello de Oza-Cesuras– e cláusula novena –vixencia e prórroga do convenio– co fin de ampliar a súa vixencia

10 de xullo de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Leiro para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente

11 de xullo de 2023

85.987,73 €

Addenda número 2 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Mondoñedo para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e reforma interior do núcleo histórico (PEPRINH)

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula décima –vixencia e prórroga do convenio– co fin de ampliar a súa vixencia

11 de xullo de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 1 ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Allariz para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección do núcleo histórico (PEPNH)

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula décimo segunda –vixencia do convenio–, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos para cada unha das partes intervenientes nel

18 de xullo de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 4 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Redondela para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal

Modificar o contido do número 1 da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia–; o punto 3 da cláusula terceira –compromisos do Concello de Redondela–, así como a cláusula décimo primeira
–vixencia do convenio e prórroga– para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

19 de xullo de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 3 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Betanzos para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico (PEPONH)

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula décimo primeira –vixencia e prórroga do convenio– co fin de ampliar a súa vixencia, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

10 de agosto de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Addenda número 3 e prórroga do Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Corcubión para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico (PEPONH)

Modificación do contido da cláusula segunda –compromisos da Xunta de Galicia– e da cláusula décimo primeira –vixencia e prórroga do convenio– co fin de ampliar a súa vixencia, para unha adecuada execución dos compromisos establecidos

17 de agosto de 2023

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Convenio entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a empresa Zircozine, S.L. para o desenvolvemento de actividades de fomento do ambiente na contorna da celebración do Festival da Luz

Establecer as bases de colaboración entre a Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a mercantil Zircozine, S.L. para subvencionar a edición do Festival da Luz 2023, cuxa celebración terá lugar no termo municipal de Boimorto os días 25, 26 e 27 de agosto do ano 2023, mediante a concesión dunha subvención directa

24 de agosto de 2023

50.790,00 €