DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 18 de setembro de 2023 Páx. 53385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente MON-CO-0229-2023 DIA.

De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que ser feita no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo Xurídico-Administrativo por substitución do xefe territorial (Resolución do 7 de xullo de 2022).

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.

A Coruña, 5 de setembro de 2023

O xefe territorial da Coruña
P.S. (Resolución do 7.7.2022)
Ofelia Rivas Vázquez
Xefa do Servizo Xurídico-Administrativo da Coruña

ANEXO

Expediente: MON-CO-0229-2023 DIA.

DNI denunciada: 76329973B.

Acto de notificación: acordo de inicio.