DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 52984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello das Pontes de García Rodríguez (expediente IN407A 2022/140-1).

Expediente: IN407A 2022/140-1.

Solicitante: E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.

Denominación: novo transformador 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.014 Residencia-Depuradora (As Pontes de García Rodríguez).

Situación: concello das Pontes de García Rodríguez.

Feitos:

Primeiro. O 21.4.2022, E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación do proxecto de execución denominado novo transformador 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.014 Residencia-Depuradora (As Pontes de García Rodríguez), coa finalidade de pechar o bucle de dobre alimentación entre as liñas de distribución de media tensión con orixe na subestación tesouro, denominadas Poboados Novos (20 kV)-Poboados Vellos, propiedade de E-Distribución Redes Digitales, S.L.U., mellorando desta maneira a operación e calidade de servizo na zona de Poboados As Veigas, concello das Pontes de García Rodríguez. Proxéctase a substitución do transformador existente no centro de transformación CT Residencia-Depuradora (15.014, IN407A 2010/196) cunha configuración de 500 kVA, instalando outros dous de 630 kVA de potencia.

Segundo. O promotor achegou xunto coa dita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:

– Proxecto de execución denominado novo transformador 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.014 Residencia-Depuradora (As Pontes de García Rodríguez), asinado por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304, o 8.3.2022, con nº de visado 20220606, do 11.3.2022.

– Proxecto de execución denominado anexo, asinado por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304, o 7.10.2022, con nº de visado 20223094 do 17.10.2022.

Terceiro. Coa mención expresa recollida no punto 4 Regulamentación da memoria do dito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación, nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Cuarto. O proxecto presentado por E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte en que a instalación puider afectar bens e dereitos ao seu cargo, que contiña as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. non presentou separatas.

Sexto. O 11.11.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo).

Segunda. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e en outros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24 de xuño).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

Terceira. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto novo transformador 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.014 Residencia-Depuradora (As Pontes de García Rodríguez), obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:

Substitución do trafo do CT Residencia-Depuradora (15014, IN407A 2010/196):

– Substitución do trafo 2 de 500 kVA e relación transformación 6/0,4-0,23 kV (bitensión), por un de 630 kVA con relación de transformación 20/0,4 kV, e refrixeración por circulación natural de aceite mineral (ONAN).

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de media tensión recollidas no proxecto novo transformador 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.014 Residencia-Depuradora (As Pontes de García Rodríguez) de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:

– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente e, en especial, as relativas á ordenación do territorio ao ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2. do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– De conformidade co establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.

– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

– Para a posta en funcionamento das instalacións, E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. solicitará a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas, acompañada da seguinte documentación:

a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.

Mediante este documento notifícaselle a E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 17 de novembro de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña