Expediente: IN407A 2022/138-1.
Solicitante: E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.
Denominación: novos transformadores 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.013 Campo de Deportes (As Pontes de García Rodríguez).
Concello: As Pontes de García Rodríguez.
Feitos:
Primeiro. O 21.4.2022, E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. solicitou a esta xefatura territorial o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado novos transformadores 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.013 Campo de Deportes (As Pontes de García Rodríguez), coa finalidade de pechar o bucle de dobre alimentación entre as liñas de distribución de media tensión con orixe na subestación Tesouro denominadas Poblados Nuevos (20 kV)-Poblados Viejos, propiedade de E-Distribución Redes Digitales, S.L.U., mellorando desta maneira a operación e calidade de servizo na zona do Poblados As Veigas, concello das Pontes de García Rodríguez. Proxéctase a substitución dos transformadores existentes no centro de transformación CT Campo de Deportes (15.013, IN407A 2010/197) sendo a configuración destes de 800 kVA (T1) e 400 kVA (T2), instalando outros dous de 630 kVA de potencia.
Segundo. O promotor achegou xunto coa antedita solicitude o proxecto de execución, que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que comprende os seguintes documentos:
– Proxecto de execución denominado Novos Transformadores 630 kVA 20-0,4 kV en CT 15.013 Campo de Deportes, asinado por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304, o 8.03.2022 con nº de visado 20220607 do 11.3.2022.
– Proxecto de execución denominado anexo, asinado por Ramón Gómez Morandeira, enxeñeiro industrial, nº colexiado 1.304, o 7.10.2022 con nº de visado 20223092 do 17.10.2022.
Terceiro. Coa mención expresa recollida no punto 4 Regulamentación da memoria do antedito proxecto, o técnico proxectista acredita o cumprimento da normativa de aplicación, nos termos dispostos no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19.3.2014).
Cuarto. O proxecto presentado por E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. non se someteu ao trámite de información pública, de conformidade co disposto no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26.2.2021).
En cumprimento do artigo 46.e) da dita lei, o solicitante declarou que na execución das instalacións recollidas no proxecto de referencia non se afectan bens e/ou dereitos de propiedade particular.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, dunha separata do proxecto na parte que a instalación puidese afectar bens e dereitos ao seu cargo, contendo as características da instalación e a documentación cartográfica correspondente. E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. non presentou separatas.
Sexto. Con data do 11.11.2022, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe sobre a solicitude feita por E-Distribución Redes Digitales, S.L.U.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial da Coruña da Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para resolver o presente expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4.7.2022).
2. A lexislación de aplicación a este expediente é:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).
– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica (BOE núm. 175, do 24.6.2020).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 18.3.2008).
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que e aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9.6.2014).
3. As características máis significativas das instalacións recollidas no proxecto Novos transformadores 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.013 Campo de Deportes (As Pontes de García Rodríguez), obxecto da solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción, son:
Substitución dos dous trafos do CT Campo de Deportes (15013, IN407A 2010/197):
• Substitución do Trafo 1 de 800 kVA e relación transformación 6/0,23 kV, por un de 630 kVA con relación de transformación 20/0,4 kV e refrixeración por circulación natural de aceite mineral (ONAN).
• Substitución do Trafo 2 de 400 kVA e relación transformación 6/0,4 kV, por un de 630 kVA con relación de trasnformación 20/0,4 kV e refrixeración por circulación natural de aceite mineral (ONAN).
4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións de media tensión recollidas no proxecto Novos transformadores 630 kVA/20-0,4 kV en CT 15.013 Campo de Deportes (As Pontes de García Rodríguez) de características anteriormente descritas, coas seguintes consideracións:
– A presente autorización outórgase sen prexuízo daquelas concesións e autorizacións que sexan necesarias de acordo con outras disposicións que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente, tal e como se dispón no artigo 120.2 do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.
– De conformidade co establecido no artigo 111 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, a presente autorización circunscríbese ás instalacións de tensión maior de 1 kV.
– As instalacións executaranse no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
– Para a posta en funcionamento das instalacións, E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. solicitará a esta xefatura territorial a autorización de explotación destas, acompañada da seguinte documentación:
a) As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
b) Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
c) Toda a documentación exixible segundo a ITC LAT-04 do Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro e a ITC RAT-22 do Real decreto 337/2014, do 9 de maio.
Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015), sen prexuízo de que os interesados poidan promover calquera outra acción que consideren pertinente para a defensa dos seus intereses.
Mediante este documento notifícaselle a E-Distribución Redes Digitales, S.L.U. esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).
A Coruña, 17 de novembro de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña