DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 53057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños número 64-5538 e 285.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 23 de agosto de 2023, se autorizou a transmisión das titularidades dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 64-5538 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 10.063,70 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 285 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 53,10 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Actuais titulares: Rosa María González Pérez (***8202**) e Vicente García López (***2681**).

Novo titular: Vicente García López(***2681**) .

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.

Vigo, 23 de agosto de 2023

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo