DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Venres, 15 de setembro de 2023 Páx. 52934

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia debe facer pública no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia de Turismo de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Data da sinatura

Importe

2023

2024

2025

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Clubes Náuticos de Galicia-Asnauga para a promoción da Ruta Traslatio, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

17.5.2023

936.162,92 €

427.337,29 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, Renfe Viajeros Sociedad Mercantil Estatal, S.A. e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) para a promoción conxunta de actividades relacionadas co transporte de viaxeiros en ferrocarril e coa promoción turística de Galicia.

3.6.2023

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de ferramentas metodolóxicas para o estudo do Camiño de Santiago a escala local e agregada.

11.5.2023

66.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e OPC Galicia para o apoio e impulso de eventos MICE en Galicia.

23.5.2023

150.000,00 €

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Bispado de Lugo para a instalación de reixas e sistemas de iluminación e para a contratación de persoal de acollida e información dos peregrinos en igrexas do Camiño de Santiago.

17.8.2023

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas para a mellora das rutas de acceso á área recreativa da Boutureira.

20.5.2023

32.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Leiro para mellorar a sinalización turística e ambiental do concello.

12.5.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Axencia de Turismo de Galicia e a SAMI Catedral de Santiago, para o desenvolvemento de dous cursos MOOC.

2.5.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camos para o acondicionamento da cuberta do Centro Local Sociodeportivo da parroquia de Camos, en Nigrán.

15.5.2023

29.947,50 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Cultural Irmáns Barcia para a reforma parcial do edificio do Centro Cultural Irmáns Barcia, sito na Portela, parroquia de Padróns, concello de Ponteareas.

12.5.2023

59.356,55 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría da Coruña para o apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2023.

24.5.2023

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Chandrexa de Queixa para o acondicionamento do miradoiro de San Fiz.

10.07.2023

29.900,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Cortegada para o proxecto de mellora da seguridade viaria e praza de acceso ao balneario histórico de Cortegada.

20.5.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para a construción de reixas nas igrexas do Camiño de Santiago.

29.5.2023

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Insua dos Poetas para o proxecto de sinalización do Camiño de Nós.

13.07.2023

36.300,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Federación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra para apoio á estrutura e funcionamento desta entidade durante o ano 2023.

27.5.2023

70.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Arcebispado de Santiago de Compostela para actuacións de limpeza e conservación no mosteiro de Monfero.

7.6.2023

47.664,08 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Club Ciclista Padronés-Aluminios Cortizo para a celebración da X Rutas Xacobeas-Copa de España 2023.

19.5.2023

36.300,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Consellería de Política Social e Xuventude, a Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG), a Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia (Agavi), a Asociación de Turopeadores receptivos de Galicia (Atrega) e a Asociación Provincial de Axencias de Viaxes de Pontevedra (Avipo) para o desenvolvemento do programa Xacobeo Xove.

19.6.2023

1.000.000,00 €

Convenio de colaboración educativa entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Universidade de Vigo para realizar prácticas académicas externas.

25.5.2023

Sen achega

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Real Federación Galega de Fútbol para a promoción do evento deportivo Copa das Rexións UEFA fase final.

7.6.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Carlos Velo para a organización da 28ª edición do Ourense Film Festival, OUFF.

3.8.2023

121.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Axencia de Turismo de Galicia para o financiamento das carpetas para estudantes da USC no curso 2023/24.

13.7.2023

20.250,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Fundación Traslatio para o desenvolvemento do proxecto Iacobus Maris Experience 2023.

31.7.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ponteareas para a mellora paisaxística e das condicións de seguridade na senda do Tea e na área recreativa A Freixa.

31.8.2023

99.998,17 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Monterrei para o proxecto de humanización e mellora da infraestrutura no núcleo de Mixós (fase II), concello de Monterrei.

31.8.2023

75.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino As Mariñas.

8.8.2023

45.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Costa da Morte Asociación de Turismo (CMAT) para a reactivación do turismo no xeodestino Costa da Morte.

9.8.2023

29.600,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Terras de Compostela para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Terras de Santiago.

4.8.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla Tambre Mandeo para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo.

11.8.2023

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento da Ría de Muros-Noia para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ría de Muros-Noia.

4.8.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación para o Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Comarca de Lugo-Terras da Ulloa.

4.8.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a asociación de desenvolvemento rural Montes e Vales Orientais para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Ancares-Terras de Burón.

9.8.2023

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra-Courel para a reactivación do turismo no xeodestino Courel.

8.8.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Allariz-Maceda.

24.8.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e o Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino A Limia.

24.8.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño.

4.8.2023

45.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Condado-Paradanta para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Condado-Paradanta.

4.8.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Pontevedra para a execución de actividades de promoción turística no xeodestino Deza-Tabeirós.

8.8.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ferrolterra.

3.8.2023

45.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Terras da Comarca de Ordes.

3.8.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino A Mariña Lucense.

4.8.2023

45.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ribeira Sacra.

17.8.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade Turística do Carballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Ribeiro-Carballiño.

3.8.2023

30.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Celanova-Terras do Xurés.

3.8.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico e Social (Inorde) para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Trevinca-Valdeorras.

3.8.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino O Salnés.

4.8.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entra a Axencia de Turismo de Galicia e a Mancomunidade Terras de Pontevedra para a execución de actividades de promoción do turismo no xeodestino Terras de Pontevedra-O Morrazo.

23.8.2023

42.480,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Verín e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do entroido 2023.

8.5.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Lugo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da XXII edición do Arde Lucus.

5.5.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Ponteareas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Festa do Corpus Christi 2023.

2.5.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Grove para a celebración da Festa do Marisco do Grove.

29.5.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, o Concello de Ortigueira e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta.

21.7.2023

50.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Carballiño para a celebración da Festa do Polbo 2023.

2.8.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a Asociación Cultural Festas do Mar de Muxía e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Romaría da Nosa Sra. Virxe da Barca 2023.

30.5.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia, a asociación cultural e deportiva Esteirana de Carrilanas e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración das Carrilanas de Esteiro 2023.

2.8.2023

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello da Estrada e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo 2023.

27.7.2023

40.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o Concello de Burela e Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a celebración da XXXVII Feira do Bonito de Burela.

4.8.2023

25.000,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Lugo para a execución do Plan de sustentabilidade turística de Lugo «...Et edendo Lucus: un percorrido histórico pola enogastronomía», no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

19.7.2023

598.802,40 €

522.954,09 €

878.243,51 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Carballiño para a execución do Plan de sustentabilidade turística O Carballiño e a gastronomía do polbo, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

11.8.2023

290.000,00 €

350.000,00 €

360.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello do Grove para a execución do Plan de sustentabilidade turística O Grove. A Gastromeca. Construción dun novo modelo baseado na emoción e a autenticidade a través da súa cultura gastronómica, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

8.6.2023

445.800,00 €

1.030.600,00 €

523.600,00 €

Convenio entre a Axencia de Turismo de Galicia e a Asociación Terras de Compostela para a execución do Plan de sustentabilidade turística en destino, nova experiencia enogastronómica e incremento da cota de mercado do destino Terras de Santiago, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

9.8.2023

408.550,00 €

590.850,00 €

300.600,00 €