A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de xullo de 2023, adoptou, entre outros, o Acordo 33/600 de aprobación urxente da oferta de emprego público sectorial do Concello de Lugo para o ano 2023 para prazas de policía local, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Primeiro. Aprobación da oferta de emprego público sectorial para o ano 2023 para prazas de policía local, co número de prazas de persoal funcionario que se relacionan:
Prazas por oposicion libre: dez (10) prazas de policía local, Administración especial, escala básica, categoría policía, subgrupo C1, siete (7) por oposición libre e tres (3) por mobilidade.
Segundo. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Lugo».
No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 179, do 5 de agosto de 2023, foi publicado anuncio relativo á aprobación da oferta de emprego público sectorial para o ano 2023 para prazas de policía local.
Lugo, 10 de agosto de 2023
A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía nº 5756/2023, do 21.6.2023)
Ángel Pablo Permuy Villanueva
Concelleiro delegado de Economía e Recursos Humanos