DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Industria e Innovación, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia (expediente IN408A 2020/093).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía, Industria e Innovación, situada no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía,
Industria e Innovación

ANEXO

Expediente/recurso

NIF

Acto obxecto de notificación

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.114/23

32749809V

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.117/23

46914454C

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.167/23

53300669D

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.168/23

32831326E

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.73/23

32811874M

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.85/23

32746472S

Acordo de denegación da solicitude de suspensión

IN408A 2020/093

RAI-DXEM-109.92/23

32393289C

Acordo de denegación da solicitude de suspensión