DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación dos estatutos sociais da entidade Apetamcor, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que o 30 de agosto de 2023 esta secretaría xeral resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 41 dos estatutos sociais, relativo ao capital social, e artigo 2, relativo ao domicilio social, da entidade Apetamcor, S. Coop. Galega, acordado na reunión da Asemblea Xeral do 8 de outubro de 2022. O novo capital social é 3.000,00 €. O seu novo domicilio social é polígono industrial de San Cibrao das Viñas, rúa 7B, nave 6, código postal 32901, concello de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense. A denominación social é Apetamcor, S. Coop. Galega. O obxecto social é a organización de servizos e subministracións ás persoas socias.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Apoio ao Emprego,
Traballo Autónomo e Economía Social