DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52686

III. Outras disposicións

Axencia Tributaria de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

Mª Victoria González Vázquez
Directora da Axencia Tributaria de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Tributaria de Galicia nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Protocolo de adhesión do Concello de Pontevedra ao Convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

5.7.2023

Protocolo de adhesión do Concello de Riós ao Convenio de colaboración asinado o 30 de setembro de 2020 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario, así como dos ingresos de dereito público, para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración

Sen achega económica

12.7.2023

Addenda e prórroga do Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e a Asociación de Asesores Excelentes Fiscales y Laborales para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

14.8.2023

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia e o Colexio de Abogados de Salamanca para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

29.8.2023