DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de setembro de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 20230135TACO, por infraccións en materia sanitaria.

Visto que non se puido levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 20230135TACO incoado a 32755568A, de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPACAP), procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Dado que non se publica na súa integridade, de conformidade co artigo 46 da LPACAP, o texto íntegro deste acto administrativo está ao dispor das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña (4º andar), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da LPACAP, ten dereito a formular alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo mínimo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da súa notificación. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da LPACAP.

A Coruña, 4 de setembro de 2023

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 20230135TACO.

DNI/NIF/CIF: 32755568A.

Último enderezo coñecido: avenida del Puerto, 32, 1 E, 15160 Sada.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria de medidas fronte ao tabaquismo.