DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2023 Páx. 52630

III. Outras disposicións

Presidencia da Xunta de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no segundo cuadrimestre de 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Para os efectos de completar a Resolución da Secretaría Xeral da Emigración, do 19 de maio de 2023, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2023 (DOG núm. 106, do 6 de xuño de 2023), dáse publicidade do convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no primeiro cuadrimestre de 2023 e que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

Prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residentes en Venezuela

20.000,00 €

2.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires, Arxentina, para contribuír á atención das necesidades socioasistencias básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires

30.000,00 €

2.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Astorga

Contribuír ao financiamento dos gastos da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega e a informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais

2.000,00 €

2.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense

Contribuír ao financiamento dos gastos da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega e a informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais

4.000,00 €

3.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo

Contribuír ao financiamento dos gastos da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega e a informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais

2.500,00 €

3.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Contribuír ao financiamento dos gastos da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega e a informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais

2.500,00 €

3.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación Venezolana de Galicia (Fevega) para o mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas ás persoas emigrantes retornadas a Galicia

Articular o financiamento dos gastos derivados do mantemento das oficinas de información e asesoramento da Fevega ás persoas emigrantes retornadas

50.000,00 €

9.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento de accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas

Desenvolver as accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas

200.000,00 €

11.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación España Salud de Venezuela en Caracas para a atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela

Atender as necesidades sanitarias e domiciliarias das persoas maiores de orixe galega residentes en Venezuela que necesitan da súa cobertura, por razóns de idade, dependencia e falta de recursos para afrontalas

75.000,00 €

15.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Arquidiocese de Santiago de Compostela

Contribuír ao financiamento dos gastos da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega e a informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais

10.000,00 €

15.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia (Venezuela)

O mantemento dun punto de información e asesoramento social e ademais colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

7.000,00 €

16.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día de Valencia

Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día de Valencia (Venezuela)

10.000,00 €

24.5.2023

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración e a Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia para o desenvolvemento de accións que favorezan o retorno e a integración sociolaboral das persoas emigrantes e das súas familias na Comunidade Autónoma galega

Desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como as que retornen á Comunidade Autónoma galega

15.000,00 €

20.6.2023

ANEXO II

Convenio de colaboración pendente de publicar subscrito no primeiro cuadrimestre de 2023

Título

Obxecto

Achega económica da Secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Casa de España no Río de Xaneiro, co fin de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dun punto de información e asesoramento no Río de Xaneiro, Brasil

Atender as necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente no Río de Xaneiro que, por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter un punto de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

25.000,00 €

19.4.2023