DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2023 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, dáse publicidade ás actuacións contratadas, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a seguir se indican, por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública empresarial adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante dende a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, na Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas, e na páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita os expedientes: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2) Obxecto dos contratos:

a) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra de OH.436.1217 Protección da marxe dereita do río Valga ao seu paso por Valga. Valga (Pontevedra).

Clave de expediente: GA.22116.

Referencia do expediente: AUG-2023-0025.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.490,00 euros. Importe total: 11.482,90 euros.

Empresa contratista: Alfredo Teijeiro Rodríguez (Alteiro Ingeniería).

b) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.436.1217 Protección da marxe dereita do río Valga ao seu paso por Valga. Valga (Pontevedra).

Clave de expediente: GA.22117.

Referencia do expediente: AUG-2023-0026.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 4.521,00 euros. Importe total: 5.470,41 euros.

Empresa contratista: Eletreintayuno Prevenlab, S.L.

c) Título: contrato menor de servizo de asistencia técnica á dirección facultativa da obra denominada OH.436.1218 Mellora do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO548 e a liña do ferrocarril. Valga (Pontevedra).

Clave de expediente: GA.22118.

Referencia do expediente: AUG-2023-0027.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2. Servizos de asistencia en enxeñaría civil.

Orzamento base: importe neto: 11.862,37 euros. Importe total: 14.353,47 euros.

Prazo de execución: 4 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 10.500,00 euros. Importe total: 12.705,00 euros.

Empresa contratista: Cuartazona Ingeniería, S.L.

d) Título: contrato menor de servizo para o desenvolvemento de actividades preventivas e accións de coordinación empresarial no marco da actuación denominada OH.436.1218 Mellora do espazo fluvial do río Louro entre a estrada PO548 e a liña do ferrocarril. Valga (Pontevedra).

Clave de expediente: GA.22119.

Referencia do expediente: AUG-2023-0028.

CPV (referencia de nomenclatura): 71317200-5. Servizos de saúde e seguridade.

Orzamento base: importe neto: 6.487,48 euros. Importe total: 7.849,85 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 4.122,00 euros. Importe total: 4.987,62 euros.

Empresa contratista: Segurinco, S.L.

3) Información sobre os contratos relacionados cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea:

Actuación referida no punto 2) anterior cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % do gasto elixible, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

A actuación enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 5: promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos; prioridade de investimento 5.2: fomento do investimento para facer fronte a riscos específicos, garantindo unha resiliencia fronte ás catástrofes e desenvolvendo sistemas de xestión de catástrofes; obxectivo específico 5.2.1: fomento do investimento para a prevención e xestión de riscos específicos sobre as poboacións, incluíndo protección civil; actuación 5.2.1.4: medidas de prevención e xestión das inundacións na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO). En concreto, as actuacións referidas nos puntos 2.a) e 2.b) encádranse dentro da operación: medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI río Ulla e río Sar-ES014-CP 05-02-11, e as referidas nos puntos 2.c) e 2.d) encádranse dentro da operación: medidas para a prevención do risco de inundación na ARPSI río Sar-Padrón ES014-CP 05-02-11.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

missing image file