DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52611

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado SUDT-07.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, en sesión ordinaria que tivo lugar o 31 de xullo de 2023, aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado SUDT-07 en Cerqueirás, Concello de Mos, en desenvolvemento do Plan xeral de ordenación municipal.

O expediente sométese a información pública durante o prazo de dous meses desde a publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia e no taboleiro de anuncios e sede electrónica deste concello. Durante o período de información pública poderá examinar o Plan parcial calquera persoa e formular as alegacións que procedan. Para tales efectos, queda ao dispor das persoas interesadas o expediente administrativo tramitado para que poida ser examinado na Secretaría municipal durante o período de información pública, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas en todo o ámbito do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será de dous anos, contados desde a aprobación inicial. En todo caso, extinguirase coa aprobación definitiva do Plan parcial. Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Mos, 2 de agosto de 2023

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa