DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52536

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2023 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos.

O Acordo do Consello de Ministros do 7 de outubro de 2016, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 14 de outubro de 2016 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 26 de outubro, establece o carácter oficial do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos pola Universidade da Coruña.

O plan de estudos do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos pola Universidade da Coruña foi publicado mediante a Resolución do 30 de abril de 2018 no BOE do 22 de maio e rectificado pola corrección de erros publicada no BOE do 2 de marzo de 2022.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 27 de abril de 2023, de acordo cos artigos 32 e 33 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da súa calidade.

Polo exposto,

resolvo:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2023/24.

A Coruña, 4 de setembro de 2023

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4315888.

Plan de estudos que se inicia no curso 2023/24 por modificación do plan anterior.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 822/2021, anexo II, punto 4.1).

1. Ámbito de coñecemento ao que se adscribe o título: Ciencias Económicas, Administración e Dirección de Empresas, Márketing, Comercio, Contabilidade e Turismo.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...…

Optativas (OP)…..……….…………………

Prácticas externas (PE)……………..........

Traballo fin de máster (TFM)………..…….

Total………………………………………....

30

30

12

18

90

Os 30 créditos optativos débense cursar do módulo correspondente á especialidade elixida.

3. Especialidades do título:

– Planificación e Xestión do Turismo.

– Investigación e Análise de Datos Turísticos.

4. Contido do plan de estudos:

Primeiro curso

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Común

Calidade e Desenvolvemento Sostible en Organizacións Turísticas, Destinos e Produtos Turísticos

OB

6

Cambio Social, Tendencias do Consumo Turístico e Comportamento do Consumidor

OB

3

Promoción e Comercialización de Destinos e Produtos Turísticos

OB

6

Dirección Estratéxica das Organizacións Turísticas

OB

3

Tecnoloxías da Información e a Comunicación para Destinos e Produtos Turísticos

OB

6

Planificación e Xestión de Plans de Turismo. O Papel das Organizacións Públicas e Privadas

OB

6

Especialidade en Investigación

e Análise de Datos Turísticos

O Proceso de Investigación en Turismo: Tipos, Estrutura e Fases

OP

6

Técnicas Cualitativas Aplicadas ao Turismo

OP

6

Programa para Análise de Datos Cualitativos con Exemplos de Turismo

OP

6

Técnicas Cuantitativas Aplicadas ao Turismo

OP

6

Programa para Análise de Datos Cuantitativos con Exemplos de Turismo

OP

6

Smart Tourism: a Dixitalización Avanzada no Sector Turístico

OP

6

Especialidade en Planificación e Xestión do Turismo

Elaboración de Plans Estratéxicos de Desenvolvemento Turístico: Estrutura, Contidos e Metodoloxía

OP

6

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Congresos e Convencións

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos no Espazo Litoral e de Cruceiros

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Saúde e Termal

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Gastronómicos e Enolóxicos

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos de Patrimonio Cultural e Natural

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Espirituais

OP

3

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos Deportivos

OP

3

Políticas Culturais e Xestión Patrimonial

OP

3

Desenvolvemento de Novos Modelos de Negocio no Sector Turístico

OP

6

Segundo curso

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Común

Prácticas Externas

PE

12

Traballo Fin de Máster

TFM

18

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral.

5. Condicións de terminación:

Para obter o título de máster universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos, o alumnado deberá superar 90 créditos ECTS distribuídos como se indica no punto 2, unha vez elixida a especialidade.