En sesión que tivo lugar o 6 de setembro de 2023, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de abril de 2023 (DOG núm. 83, do 2 de maio) para cualificar o proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos, convocado pola Resolución do 16 de decembro de 2021 (DOG núm. 241, do 17 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 20 de setembro de 2023, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas, na aula 6 da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, sita na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas).
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo.
Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2023
Beatriz Moar Ulloa
Presidenta do tribunal