DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52547

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de setembro de 2023 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante.

Mediante a Orde do 3 de xullo de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia número 132, do 12 de xullo, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería do Medio Rural que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 3 de xullo de 2023 e designar a persoa funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase, segundo o previsto no artigo 8 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días, se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña destino, efectuará, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das que se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2023

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

Apelidos e nome: Valín Valdés, Manuel Alfonso.

NRP: ******1257 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: xeral.

Denominación do posto: director/a do Centro de Formación e Experimentación.

Código: MR.A11.22.003.27500.001.

Nivel: 26.

Dependencia: Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).

Localidade: Ribadeo.