DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 77315 e once máis).

Intentada a notificación do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas ás persoas interesadas que se especifican no anexo, e ao non ser posible efectuala, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, 51, 3º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, consonte o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Vigo, 11 de agosto de 2023

Natalia Botana Rey
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data do requirimento

77315

Y6082559Q

26.4.2023

77425

Y9301131Z

19.4.2023

77636

AY826289

28.4.2023

77801

AU306961 (representante AU306955)

21.4.2023

77917

120376775

21.4.2023

78465

S714232

5.5.2023

78740

FR283708

8.5.2023

78756

Z0354497A (representante Z0354492K)

10.5.2023

78761

Z0354498G (representante Z0354492K)

10.5.2023

79561

(Representante 061579610)

24.5.2023

79562

061579610 (NIE Y9686947M)

24.5.2023

79563

060507749 (NIE X1781086N)

24.5.2023