DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2023 Páx. 52605

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de setembro de 2023 pola que se notifica o inicio do procedemento para reclamar os custos ocasionados pola retirada da embarcación Pilar, amarrada no porto de Meira, Moaña.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Diego Santana Ortega o Acordo da Dirección de Portos de Galicia, do 28 de xuño de 2023, que inicia o procedemento para reclamar os custos de retirada e traslado da embarcación Pilar, con matrícula 4ª-VI-8-45, desde o porto de Meira, Moaña ata o porto de Tragove, Cambados, por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio publicarase no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

O presente acordo emíteo a Dirección de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 15.3, letras a) e b) da lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e de acordo co previsto no artigo 129.3 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e nos artigos 100 e 102 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O importe a que ascenderon as actuacións de retirada e traslado da embarcación foi de 4.235 euros, IVE incluído.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe de División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para estes efectos na praza de Europa, 5-A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, cuxo réxime de recusación é o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Outórgase un prazo de 10 días hábiles, contados desde a notificación do presente, para formular alegacións e achegar ou propor todos os medios de proba que se consideren axeitados en defensa dos seus dereitos.

O expediente completo para o seu exame, das 9.00 ás 14.00 horas, encóntrase na sede dos Servizos Centrais de Portos de Galicia

As alegacións serán dirixidas ao instrutor nomeado do procedemento, no enderezo antes sinalado.

De manifestar a súa conformidade coa reclamación, poderá aboar a cantidade empregando o modelo de impreso que se facilitará contactando cos Servizos Centrais de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 29, e neste caso darase por finalizado o procedemento.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2023

Roi Fernández Añón
Director de Portos de Galicia