DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Martes, 12 de setembro de 2023 Páx. 52366

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 4 de setembro de 2023 polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca concurso público para a elaboración de bolsas de emprego para a cobertura de necesidades docentes sobrevidas, urxentes e inaprazables mediante a contratación de profesorado substituto para o curso académico 2023/24.

Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polos artigos 50 da LOSU e o 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, fai público que, mediante a Resolución do 4 de setembro de 2023, convócase concurso público para a elaboración de bolsas de emprego nas áreas de coñecemento que se relacionan no anexo I da citada resolución en previsión de que resulte imprescindible cubrir necesidades docentes por razón de causas sobrevidas, urxentes e inaprazables.

A relación de bolsas de emprego convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pditemporal

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PDI/convocatorias/pditemporal

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2023

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado