DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52257

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2023 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade en saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG do 25 de abril) convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade en saúde, grupo III, pola quenda de promoción interna. E finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas pola quenda de promoción interna.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do Catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo, que estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente:

– Juan Bautista Zalvide Torrente, catedrático de universidade da USC.

Vogais:

– Manuel Pérez Calvelo, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Lucía Bellón Pita, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

– Ana María García Arrese, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretaria :

– Alejandra Pernas Abad, funcionaria de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– Celia María Pombo Ramos, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

– José María Méndez Figueiras, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– María José Pazos Guldrís, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– María Dolores López Pedrouso, persoal laboral fixo do grupo III da USC.

Secretario:

– José Manuel Caamaño Jerez, funcionario de carreira da escala administrativa da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela