DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 11 de setembro de 2023 Páx. 52158

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2023.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2023, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2023

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio
da Consellería de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
e Administración Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto
do ano 2023

Convenio

Achega da consellería (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e a publicación da Revista galega de Economía no ano 2023

7.500

14.6.2023