DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52149

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilanova de Arousa

ANUNCIO de expropiación forzosa para a obra de recuperación de servidume de tránsito e senda peonil desde a praia das Patiñas ata o límite deste concello co de Cambados.

O Concello de Vilanova de Arousa empraza as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente de expropiación forzosa para a obra de recuperación de servidume de tránsito e senda peonil desde a praia das Patiñas ata o límite deste concello co de Cambados, no termo municipal de Vilanova de Arousa.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto do expediente de expropiación forzosa que se indica no anexo porque se descoñece a persoa destinataria, porque se ignora o lugar da notificación ou porque, unha vez tentada esta, non se puido practicar.

Segundo se establece no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as persoas interesadas dispoñerán dun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer neste concello, sito na Praza do Concello, 1, Vilanova de Arousa, e coñecer o contido íntegro deste acto. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vilanova de Arousa, 1 de setembro de 2023

Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

ANEXO

Predio

Obra

Persoa interesada

Acto notificado e data

579

Recuperación de servidume de tránsito e senda peonil desde a praia das Patiñas ata o límite do concello de Vilanova de Arousa co de Cambados, no termo municipal de Vilanova de Arousa

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

Levantamento das actas previas á ocupación e formalización das actas de ocupación definitiva

27 de setembro 2023

Das 10.00 ás 12.00 horas

753

Portas Leiro, Dolores

754

Barbanera

763

Santa Marina

765

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

770

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

771

En investigación, art. 47 da Lei 33/2003

772

Pérez Lafuente

824

Descoñecido

825

Descoñecido

1104

Descoñecido