DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 24 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifica ás persoas solicitantes de xustiza gratuíta a resolución do seu expediente, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (expediente PR204A 2023/4215-4 e once máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, está á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm.43, 9º andar, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer, a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso, unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.

Pontevedra, 24 de agosto de 2023

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.7.2021)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior

ANEXO

Expediente

DNI/NIF/CIF

Resolución notificada

PR204A 2023/4215-4

76929946Y

Denegatoria

PR204A 2023/4230-4

77404917G

Denegatoria

PR204A 2023/4253-4

54807858P

Denegatoria

PR204A 2023/4289-4

35477155T

Denegatoria

PR204A 2023/4640-4

36057396C

Denegatoria

PR204A 2023/4674-4

11766405L

Denegatoria

PR204A 2023/5195-4

161699347

Denegatoria

PR204A 2023/5514-4

76934053L

Denegatoria

PR204A 2023/5521-4

52491185X

Denegatoria

PR204A 2023/5588-4

77406108E

Denegatoria

PR204A 2023/5643-4

76899700M

Denegatoria

PR204A 2026/5674–4

77416113E

Denegatoria