DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650G (expediente 150008122 e dous máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións das reclamacións previas ditadas pola xefatura territorial no último domicilio das persoas interesadas sen que estas se puidesen efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse as ditas resolucións ás persoas citadas no anexo e son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, núm. 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido íntegro das ditas resolucións. Transcorrido o prazo, de non facelo, teranse por efectuadas as notificacións ao vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que as notificacións quedarán supeditadas á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Infórmase como consta nas devanditas resolucións que esgotan a vía administrativa, que contra elas poderán interpoñer demanda ante o Xulgado do Social dentro dos trinta (30) días seguintes á data da súa notificación por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 23 de agosto de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Resolución

Data da resolución

150008122

32408532Z

Estimación

12.7.2023

150030822

32349079Q

Desestimación

23.3.2023

150092822

55589945A

Estimación

5.7.2023