DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 23 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS650G (expediente 150037023 e catro máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos actos administrativos no último domicilio coñecido das persoas solicitantes sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio notifícanse os requirimentos de emenda das solicitudes ditados no procedemento competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas no anexo, que son emprazadas para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte á data da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Xuventude, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (rúa Gregorio Hernández, nº 2-4, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para ter coñecemento íntegro do acto. Transcorrido o prazo, de non facelo, terase por practicada a notificación no vencemento do dito prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, de non efectuar a emenda no prazo de 10 días hábiles establecido nos requirimentos contado desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, se considerará que desisten das súas solicitudes, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 23 de agosto de 2023

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento BS650G

Nº de expediente

Persoa interesada

DNI/NIE

Acto administrativo

Data do acto administrativo

150037023

33227176L

Requirimento de emenda da solicitude

8.5.2023

150054223

X0956039K

Requirimento de emenda da solicitude

4.7.2023

150054523

79355194L

Requirimento de emenda da solicitude

7.8.2023

150059223

Y1287570K

Requirimento de emenda da solicitude

4.7.2023

150059823

32384414T

Requirimento de emenda da solicitude

5.7.2023