DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 8 de setembro de 2023 Páx. 52001

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 28 de agosto de 2023 de concesión das subvencións ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508C).

No Diario Oficial de Galicia núm. 89, do 10 de maio de 2023, publícase a Orde do 27 de abril de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, coas bases reguladoras das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e a súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508C).

De conformidade co artigo 14 da antedita orde, a resolución do procedemento de axuda, logo da fiscalización da proposta facendo uso das competencias conferidas no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, correspóndelle á directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Xuventude.

Así mesmo, o artigo 15 da mesma orde establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Tras a instrución do procedemento, o 28 de agosto de 2023 o órgano competente emite a resolución que finaliza o procedemento de concesión das subvencións do programa de Voluntariado sénior.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución de concesión do 28 de agosto de 2023, para o procedemento BS508C, de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior, como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de agosto de 2023 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa se entenderá tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2023

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 28 de agosto de 2023 ditada no procedemento BS508C
de concesión de axudas para entidades de acción voluntaria e entidades
locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior

O 10 de maio de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 89 a Orde do 27 de abril de 2023 pola que se regulan as bases que rexerán as subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento BS508C).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Con data do 3 de xullo de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 125 a Orde do 23 de xuño de 2023 pola que se modifica a Orde do 27 de abril de 2023 e se abre un novo prazo de presentación de solicitudes dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Finalizado o prazo, logo de analizar a documentación, con data do 23 de agosto de 2023 e de acordo co disposto nos artigos 12, 13 e 14 da dita orde de convocatoria, reuniuse a Comisión Avaliadora para analizar as solicitudes de axuda e valorar os proxectos presentados polas entidades de acción voluntaria e as entidades locais, así como para elaborar o correspondente informe en que figuran as entidades con proxectos valorados.

Emitido o informe coa valoración dos proxectos presentados, o Servizo de Voluntariado e Participación, órgano instrutor do procedemento, emite de conformidade co disposto no artigo 14 da orde de convocatoria a proposta de resolución o 23 de agosto de 2023.

Vista a proposta de resolución e de conformidade co disposto no artigo 14 da Orde do 27 de abril de 2023,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a axuda ás entidades locais propostas no anexo I, ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2023 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 21.000,00 €, para entidades locais, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.460.0.

Segundo. Conceder a axuda ás entidades de acción voluntaria propostas no anexo II, ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2023 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior.

Esta concesión resulta de aplicación de conformidade cos criterios de valoración previstos no artigo 13 das bases reguladoras, por un importe total de 48.770,00 €, para entidades de acción voluntaria, con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.312F.481.0.

Da contía prevista para entidades locais resérvase un 15 % para as solicitudes presentadas conxuntamente.

Terceiro. As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas na Orde do 27 de abril de 2023 e, especialmente, ás establecidas no artigo 20.

A xustificación das subvencións realizarase de acordo co establecido no artigo 17 da convocatoria.

Así mesmo, o pagamento das axudas realizarase de acordo co previsto no artigo 19 da mesma convocatoria.

Cuarto. Denegar as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa concreta que motivou a denegación.

Quinto. Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. (P.D. Artigo 14 e disposición adicional segunda da Orde do 27.4.2023). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

ANEXO I

Axudas concedidas a entidades locais

Concesións conxuntas.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2022/030

Concello de Monterrei

P3205100E

Ourense

53,00

6.000,00 €

Concesións individuais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/017

Concello de Vedra

P1509000D

A Coruña

61,00

2.400,00 €

2

2023/012

Concello de Lousame

P1504300C

A Coruña

60,50

1.500,00 €

3

2023/036

Concello de Mondoñedo

P2703000F

Lugo

57,50

1.500,00 €

4

2023/031

Concello da Veiga

P3208400F

Ourense

50,25

2.400,00 €

5

2023/029

Concello de Verín

P3208600A

Ourense

50,00

2.400,00 €

6

2023/021

Concello de Mos

P3603300I

Pontevedra

52,75

2.400,00 €

7

2023/009

Concello de Lalín

P3602400H

Pontevedra

51,00

2.400,00 €

Total

15.000,00 €

ANEXO II

Axudas concedidas a entidades de acción voluntaria

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Puntuación

Orzamento concedido

1

2023/008

ONG Mestura, para la Integración Social de las Personas Inmigrantes y Emigrantes

G15940414

A Coruña

65,00

2.400,00 €

2

2023/019

Asociación Itínera de Voluntarios en Saúde Mental

G15983570

A Coruña

63,75

2.400,00 €

3

2023/022

Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos, Ategal

G15496607

A Coruña

63,00

1.850,00 €

4

2023/020

Asociación Medioambiental Amabul

G15925209

A Coruña

61,50

2.400,00 €

5

2023/007

Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica das Comarcas do Barbanza e Noia, Amicos

G15747678

A Coruña

57,25

2.400,00 €

6

2023/032

Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia

G15450828

A Coruña

55,00

2.280,00 €

7

2023/005

Acción Familiar Ferrol

G15745466

A Coruña

53,00

2.340,00 €

8

2023/025

Asociación Socio Cultural ASCM

G15161573

A Coruña

52,25

2.400,00 €

9

2023/004

Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzhéimer, Agadea

G15483498

A Coruña

50,00

2.400,00 €

10

2023/015

Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, AXF

G15121676

A Coruña

50,00

1.200,00 €

11

2023/014

Asociación Aliad-Ultreia

G27021120

Lugo

50,50

1.200,00 €

12

2023/001

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Chantada

G27320225

Lugo

50,00

2.400,00 €

13

2023/024

Valoresc Innovation

G70377585

Ourense

67,75

2.400,00 €

14

2023/013

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor

G32198970

Ourense

62,50

2.400,00 €

15

2023/026

Asociación Limisi, para a Promoción das Persoas con Diversidade Funcional da Comarca da Limia

G32302671

Ourense

54,75

2.400,00 €

16

2023/006

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mezquita

G32167900

Ourense

50,00

2.400,00 €

17

2023/010

Asociación Xuvenil Amencer

G32025405

Ourense

50,00

2.400,00 €

18

2023/011

Asociación Acción Solidaria de Galicia, Asdegal

G27727593

Pontevedra

59,25

2.400,00 €

19

2023/027

APAMP, Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral

G36624120

Pontevedra

57,75

1.200,00 €

20

2023/003

Residencia Paz y Bien (Hermanas Franciscanas Hospitalarias de la Inmaculada Concepción)

R3600091G

Pontevedra

54,00

1.500,00 €

21

2023/016

Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, Culturmar

G36231561

Pontevedra

53,50

2.400,00 €

22

2023/023

Asociación Cultural O Castro

G36116879

Pontevedra

50,50

2.400,00 €

23

2023/002

Fundación Residencia Divina Pastora de Vilagarcía de Arousa

G36017929

Pontevedra

50,00

1.200,00 €

Total

48.770,00 €

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Denegadas entidades locais.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2023/018

Concello de Santa Comba

P1507800I

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2023/034

Concello de Ramirás

P3206900G

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida

Denegadas entidades de acción voluntaria.

Nº exp.

Entidade

NIF

Provincia

Motivo da denegación

1

2023/035

Asociación Antonio Noche

G15210388

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

2

2023/028

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

A Coruña

Non alcanzar a puntuación requirida

3

2023/037

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida

4

2023/033

Asociación Esgaia Inserta

G16918641

Ourense

Non alcanzar a puntuación requirida